Inicio Galicia Os premios á transferencia de tecnoloxía tenden pontes entre a comunidade científica...

Os premios á transferencia de tecnoloxía tenden pontes entre a comunidade científica e o tecido empresarial

0

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain) participou na entrega destes recoñecementos cos que a Xunta e a Real Academia Galega de Ciencias fomentan que o coñecemento se materialice en crecemento económico e benestar social

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey Vilar, participou esta tarde na entrega dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2018, convocados pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (Gain). Argerey destacou o papel destes galardóns a prol da cultura da innovación en Galicia contribuíndo a tender unha ponte imprescindible entre a comunidade científica e a aplicación dos seus resultados de investigación no tecido empresarial e agradeceu a contribución da RAGC á difusión da cultura científica e, neste caso, á dinamización da cultura da innovación.

No acto, no que tamén participou o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Manuel Rodríguez, a directora de Gain subliñou que o pulo aos procesos de transferencia que fan que o coñecemento se materialice en crecemento económico e benestar social é un dos eixos prioritarios da política de innovación da Xunta e que estes premios, ofrecen a oportunidade de reforzar os lazos entre os axentes xeradores de coñecemento e as empresas a través do recoñecemento de casos exemplares. Esta iniciativa, posta en marcha hai 4 anos, complementa outras iniciativas de Gain para apoiar a transferencia de coñecemento en Galicia como o programa Ignicia ou os contratos programa cos centros de investigación e centros tecnolóxicos.

Leer más:  La compraventa de viviendas en Galicia crece 38,4% en febrero, seis veces más que la media nacional

No tocante aos premiados, Patricia Argerey destacou que materializan á perfección o valor da ciencia ao servizo da eficiencia baseada na tecnoloxía, do progreso económico sostible e da mellora da calidade de vida.

Da empresa galardoada co premio ao mellor caso de éxito empresarial de transferencia de tecnoloxía para pemes, a lucense Ingeniería Insitu, salientou o potencial innovador das provincias do interior de Galicia. Felicitou á enxeñeira cuxa tese de doutoramento foi o xerme do proxecto e primeira tese das universidades galegas premiada coa mención industrial, María Varela, actual responsable de innovación da empresa, e subliñou a importancia de contar con referentes coma ela para fomentar as vocacións científicas entre as rapazas. Ingeniería Insitu recibe o galardón polo desenvolvemento dunha solución baseada no big data para optimizar a eficiencia e a seguridade na xestión das infraestruturas viarias.

En canto ao grupo de investigación galardoado co premio ao mellor traballo de investigación aplicada, recollido polo equipo da Universidade de Santiago de Compostela dirixido polo profesor Francisco Rivadulla por un proxecto de aplicación ao campo da saúde, Argerey destacou que se trata dunha nova demostración de forza do sector biotecnolóxico galego.

Leer más:  Rueda reprende a la conselleira de Medio Rural por sus comentarios incendiarios: "Fueron desafortunados y se lo comenté"

Por último, fixo referencia ao traballo merecedor dunha mención especial, o proxecto “Pescaenverde” do Departamento de Enxeñaría Química da USC, por supor o nacemento en Galicia da primeira ecoetiqueta específica dos produtos do mar que cuantifica o impacto no cambio climático.  


- Te recomendamos -