Inicio Galicia A Amtega e R poñen en marcha unha aceleradora de contidos dixitais...

A Amtega e R poñen en marcha unha aceleradora de contidos dixitais para impulsar iniciativas innovadoras comercializables no medio prazo

0

Startups R Dico Challenge é unha das iniciativas do Plan Dico Minset da Xunta para conformar un sector galego dos contidos dixitais máis maduro e competitivo

A Coruña, 27 de novembro de 2018.- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o operador R poñen en marcha a aceleradora de contidos dixitais Startups R_DICo Challenge, no marco do plan Dico Mindset impulsado polo departamento autonómico. O obxectivo é rendibilizar a medio prazo as solucións que xurdan da aceleradora contidos e axudalas a atopar unha saída áxil e eficaz no mercado dos contidos dixitais entro ou mesmo de fóra da Comunidade.

A aceleradora foi presentada hoxe na Coruña pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o director xeral de R Alfredo Ramos. A responsable autonómica destacou a importancia desta “iniciativa enmarcada no Plan DiCo Mindset da Xunta, co que queremos contribuír a configurar un sector de contidos dixitais galego máis potente, maduro e competitivo”.

O director xeral de R salientou que a idea é “canalizar o talento e os proxectos innovadores, fomentar o emprendemento e que o sector poida aproveitar todo ese potencial para mellorar os seus produtos e servizos”.

Leer más:  Amazon inaugurará una estación logística adicional en Cambre (A Coruña)

Retos e selección dos proxectosO programa comezará co lanzamento de 5 retos tecnolóxicos -un deles en colaboración coa Televisión de Galicia-, que nos próximos días se poderán consultar na web da aceleradora (www.startupsR.com). Un comité de avaliación seleccionará, nunha primeira fase, 20 candidatos do total de participantes que se presenten, e nunha segunda fase elixiranse os 5 proxectos definitivos.

Os retos formularanse en torno a temáticas como o gaming, publicidade e marketing, novos contidos e experiencias, formación innovadora, realidade virtual e aumentada, modelos de negocio, Internet das Cousas (IoT) e Intelixencia Artificial (IA), contidos sociais, apps Android, seguridade e propiedade, contidos enriquecidos, distribución, audiovisual… etc.

Os seleccionados recibirán sesións formativas durante varios meses e terán, ademais, á súa disposición, cadanseu mentor e a axuda económica da Amtega para afrontaros gastos cotiáns durante o desenvolvemento dos proxectos.

Ademais, os 5 retos seleccionados no programa poderán utilizar o espazo Startups R que se habilitará na Cidade da Cultura e terán acceso á infraestrutura e modelo de negocio de R, recibirán a formación e o acompañamento permanente dos mentores e titores e beneficiaranse do uso das instalacións e a visibilidade derivada de camiñar a carón do operador galego durante este tempo. Ao final, e tras a mutua aprendizaxe, os elixidos terán en R un potencial primeiro cliente e un trampolín para outras saídas comerciais ao mercado. Máis información en www.startupsR.com.

Leer más:  Los trenes Avril están triunfando en Galicia: más de 13.000 billetes vendidos en menos de 24 horas

Axenda Dixital 2020Ao remate desta primeira edición do programa, no mes de xuño-xullo de 2019 desenvolverase unha xornada-demo para analizar o resultado destes meses de traballo e a materialización dos proxectos.

O programa Start Ups R_DiCo Challenge enmárcase de xeito global nos compromisos adquiridos pola Amtega na contorna da Axenda Dixital 2020 para desenvolver proxectos tractores que fomenten a modernización e a innovación tecnolóxica (acordos Dico Mindset). Esta colaboración entre a administración autonómica e máis o operador galego forma parte, así mesmo, Pacto Dixital asinado en 2013 entre a Xunta e R, xunto con outras 12 empresas do sector TIC para potenciar o desenvolvemento dixital da comunidade.


- Te recomendamos -