Inicio Galicia Feijóo destaca a aposta da Xunta polas políticas de rehabilitación, cun orzamento...

Feijóo destaca a aposta da Xunta polas políticas de rehabilitación, cun orzamento de 36 millóns de euros en 2019 e cunha futura normativa

0

Precisa que desta achega, máis de 9 millóns de euros destinaranse para axudas dirixidas a particulares, comunidades de propietarios ou promotores

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a aposta do Goberno galego polas políticas de rehabilitación, cun orzamento de 36 millóns de euros en 2019 e cunha futura normativa.

Durante a celebración dos II Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia, Feijóo precisou que desta achega: máis de 9 millóns de euros se destinarán para axudas dirixidas a particulares, comunidades de propietarios ou promotores; 7,3 millóns para o Programa Rexurbe e 6,5 millóns para as áreas de rehabilitación integral.

Así mesmo, ademais destes 36 millóns de euros, poranse á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes 7 millóns como préstamos sen xuros para que poidan acometer actuacións de rehabilitación. “E o vindeiro ano seguiremos desenvolvendo ferramentas que protexan e poñan en valor a paisaxe, o territorio e o urbanismo de Galicia”, dixo, referíndose a unha guía para a elaboración de estudos da paisaxe urbana, na que xa se está a traballar; á Lei de protección da paisaxe; ás Directrices da paisaxe; á Guía de intervención en espazos públicos; e á Lei de ordenación do territorio, que se aprobará o próximo ano.

Leer más:  Sartorius pide "pasar a la ofensiva" ante la operación de "acoso" a "la democracia" y solicita que Sánchez "aguante"

En relación á nova Lei de Rehabilitación, o responsable do Executivo autonómico reiterou que, en moi pouco tempo, Galicia contará cun marco normativo que promoverá dous obxectivos: que a rehabilitación de vivendas resulte cada vez máis atractiva para os cidadáns; e que as medidas adoptadas nesta materia sexan cada vez máis eficaces.“Estamos a falar dun novo texto que non xorde de súpeto, senón que forma parte dunha estratexia máis ampla en materia de urbanismo, arquitectura e coidado da nosa contorna”, afirmou, precisando que a futura normativa completará outros instrumentos postos en marcha para poñer en valor o territorio, como as Directrices de ordenación do territorio, o Plan de ordenación do litoral, a Lei do solo ou a Estratexia da paisaxe galega.

Ao longo da súa intervención, o presidente do Goberno galego destacou estes galardóns como a proba de que Galicia é cada vez máis nosa e máis capaz de conxugar o que xa temos co que precisamos. Así, no eido do premio galego de arquitectura, destacou a envergadura, a calidade e a coidada intervención de oito talentosos arquitectos nos proxectos: Campus da Auga, en Ourense; sede de servizos centrais de Finsa, en Santiago, e o edificio da Edar de Lagares, en Vigo.“Tamén é un referente, o Centro de Formación de Curtiduría de Pontepedriña, en Santiago, Premio Galego de Rehabilitación”, engadiu, subliñando que esta obra non só recupera as ruínas do antigo curtidoiro do século XVIII, senón que establece, ademais, un harmonioso diálogo coas novas construcións e coa paisaxe.

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

Nesta mesma liña, destacou o recoñecemento especial á sustentabilidade, que recaeu na sede da empresa Norvento, no parque empresarial das Gándaras; un edificio non só enerxeticamente autosuficiente mediante a produción de enerxías renovables de fontes diversificadas, senón que aproveita o medio natural tan restrinxido dun parque empresarial para mirar cara á terra.

Por último, Feijóo destacou a traxectoria profesional do arquitecto galego José Javier Suances Pereiro, un arquitecto cunha relevancia transcendental na xeración que introduciu a modernidade arquitectónica en Galicia na década dos 60. E resaltou os seus traballos no Convento das Caremelitas Descalzas, en Ourense; na Casa Chocolate, edificio administrativo da Xunta nesta mesma cidade; ou a intervención no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín. 


- Te recomendamos -