Inicio Galicia O Sergas resolveu durante a época estival un 4,1% máis de consultas...

O Sergas resolveu durante a época estival un 4,1% máis de consultas con respecto a 2017

0

O conselleiro de Sanidade destaca que as medidas de xestión durante a época estival permiten garantir a asistencia sanitaria aos usuarios

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, explicou no pleno do Parlamento de Galicia que os datos de actividade do Servizo Galego de Saúde durante os meses de xullo e agosto do 2018 amosan incremento en todas as áreas asistenciais. Así realizáronse 181.943 consultas máis que no verán de 2017, o que significa un incremento do 4,1%. Para Almuiña, estes datos reflicten que “o Sergas garante a atención sanitaria en todos os ámbitos asistencias, tanto en tanto Atención Primaria como Hospitalaria durante todo o ano e non se pechan servizos nin nesta, nin en ningunha outra época do ano”.

Con respecto da cirurxía realizada entre xullo e agosto do 2018, fixéronse máis de 26.800 intervencións aumentando nun 2,7% en comparación coas realizadas o ano anterior neste período. Cómpre sinalar que na área de probas, incrementouse nun 1,8% o número do probas con respecto do ano 2017.“Unha vez máis quero insistir en que no Sergas non se pechan camas durante o período estival, todas as camas dos hospitais están ao 100% dispoñibles e que de acordo coa demanda asistencial utilízanse as necesarias en cada momento”, afirmou Almuiña.

Leer más:  Este miércoles en Vigo se está llevando a cabo el juicio de dos personas acusadas de defraudar más de 80.000 euros mediante la venta de equipos médicos

Medidas de xestión e compromiso cos profesionaisO conselleiro de Sanidade reiterou que estas cifras reflicten a aposta pola sanidade pública galega, “non se pode falar de recortes no sistema sanitario, que incluso en tempos de crise veu mellorando os seus números”. Así, lembrou que hai 1.544 profesionais máis traballando na sanidade pública (pasouse de 36.506 en 2008 a 38.050 en 2017) e o número de profesionais médicos incrementouse nun 7%.

Neste senso, o Sergas ven adoptando medidas como o retraso na idade de xubilación ata os 68 anos e o incremento do número de prazas de médico de familia nun 7% e as de enfermería nun 6% nos últimos anos e cóntase con 6.133 prazas convocadas nas OPE entre 2009 e 2017 (851 de persoal médico, 2.311 de persoal de enfermería ou outros diplomados, 2.971 outro persoal).

Ademais, o Sergas ven adoptando medidas como o incremento da oferta de prazas MIR, así este ano realizouse a maior oferta dos últimos anos con 404 prazas e aumentouse a 105 as prazas para a de médico de familia e comunitaria, 7 prazas máis que en 2017. Nesta liña, Almuiña solicitou de novos “ao Ministerio un compromiso para flexibilizar e axilizar o proceso de acreditación de prazas de novo ingreso de formación especializada en Pediatría, que nos permita incrementar a oferta, e os profesionais para contratación de máis pediatras”.

Leer más:  Primeras matrículas universitarias gratis en Galicia, primera promesa electoral de Rueda en campaña

No compromiso coa estabilidade e mellora aos profesionais, Almuiña destacou tamén o desenvolvemento da carreira profesional, que “implica a implantación por vez primeira na Comunidade Autónoma de Galicia dun verdadeiro sistema ordinario de carreira, e para todos os colectivos profesionais sen distinción”.

Medidas para os PACSobre o caso concreto da asistencia sanitaria realizada no PAC de A Estrada e do falecemento dunha persoa este verán, Almuiña lembrou que a planificación do verán no PAC de A Estrada tiña os profesionais asignados habituais, dous médicos o sábado pola tarde, e o domingo mañá e tarde. “Foi imposible contar con este segundo profesional para o sábado 4 de agosto, pero sí se conseguiu para o domingo, polo tanto non houbo denegación en ningún momento, nin recorte algún”, afirmou o conselleiro de Sanidade.

Con relación á asistencia nos PAC, o conselleiro de Sanidade salientou que está cuberta por persoal sanitario (profesional de medicina de familia e profesional de enfermería) en horario continuado de 15.00 hs a 08.00 hs do día seguinte para realizar atención urxente en atención primaria e durante as 24 hs durante fins de semana e festivos.

Acordo para 061Por outra banda, o conselleiro de Sanidade destacou o interese do Sergas polos traballadores do 061 de Galicia, “preocupámonos, escoitamos, negociamos e chegamos a acordos”, asegurou. Tamén lembrou que representantes da Consellería de Sanidade e Sergas, así como o equipo directivo da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mantiveron cinco reunións no contexto da negociación polo cambio do centro do centro de traballo.

Leer más:  El incendio forestal de Cabanas (A Coruña) que afectó a 2,4 hectáreas ha sido extinguido

Entre os puntos recollidos no borrador do acordo atópase a oferta para os traballadores fixos e eventuais con continuidade dunha compensación económica, polo cambio de centro de traballo á Estrada, de 140 € brutos en 12 pagas mentres continúen prestando servizos no mesmo centro de traballo. Ademais, os traballadores non sanitarios poderán elixir para o seu goce os días festivos correspondentes ao concello de Santiago ou, no seu caso, ao concello da Estrada.

No seguinte concurso de traslados efectivo, unha vez realizado o cambio ao centro de traballo da Estrada, adxudicarase unha puntuación adicional ao persoal afectado polo cambio de centro de traballo con destino ao ámbito xeográfico da área Sanitaria de Santiago. Proponse tamén incluír ao persoal laboral do 061 no ámbito da carreira profesional e coa finalidade de conseguir unha maior conciliación da vida familiar e persoal, esténdese a aplicación ao persoal laboral o réxime de permisos e vacacións de aplicación ao persoal estatutario da Fundación.  


- Te recomendamos -