Inicio Galicia Nava Castro sinala en Brasil a oportunidade de Galicia para aumentar o...

Nava Castro sinala en Brasil a oportunidade de Galicia para aumentar o seu atractivo internacional como destino termal e de benestar

0

Presentou hoxe o modelo de xestión turística galega neste eido nun foro incluído en Termatalia, que reúne ata o venres a profesionais de preto de 40 países

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, puxo hoxe en valor en Brasil o traballo que Galicia está a levar a cabo para reforzar o seu potencial como destino termal e de benestar que supón, dixo, unha oportunidade para aumentar o atractivo da Comunidade nos mercados internacionais. Así o manifestou no 13º Encontro Internacional sobre Auga e Saúde organizado ao abeiro da Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar Termatalia 2018 que se celebra durante esta semana na localidade brasileira de Foz de Iguaçú e que reúne a profesionais de 37 países.

No encontro, Nava Castro presentou ante outros dirixentes e membros do sector o traballo levado a cabo no Goberno galego neste eido, afondando nas múltiples oportunidades que brinda o termalismo ante o crecente interese internacional polo turismo tranquilo e de benestar. Neste sentido, como recordou, a Xunta leva traballando con éxito nos últimos anos ao abeiro do Plan de Turismo Termal e do Plan de Turismo de Saúde a prol da calidade dos establecementos termais, do fomento da innovación, da mellora das infraestruturas así como da promoción e formación neste eido.

Leer más:  La Xunta afirma que ningún municipio solicitó la declaración de zona tensionada de alquiler

Entre outras medidas, referiuse á aposta do Goberno galego pola sinalización das vilas termais como un paso importante para facilitar a identificación dos numerosos recursos termais na Comunidade galega, especialmente relevante polo feito de que moitos deles se atopan en comarcas de interior, contribuíndo á súa dinamización todo o ano.

Mercado estratéxicoTamén se referiu a iniciativas como o apoio da Xunta de Galicia á Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que está a garantir unha oferta educativa superior de calidade no eido do termalismo na Comunidade. Incidiu, ademais na importancia de desenvolver produtos turísticos que os teñan presentes como Mananciais de Galicia ou os Trens Turísticos de Galicia, algúns dos cales inclúen no seu percorrido a oferta termal durante o vindeiro outono.

A Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar Termatalia 2018 inaugurarase oficialmente mañá coa participación de Nava Castro. Durante a feira, ampliará contactos institucionais con profesionais de todo o mundo deste mercado estratéxico e manterá encontros con prensa especializada xunto ao Clúster da Auga Mineral e Termal de Galicia. 

Leer más:  El PSOE utiliza la comisión del Congreso como "cortina de humo" para evitar discutir el caso 'Koldo', según critica Rueda

- Te recomendamos -