Inicio Galicia Medio Rural destaca o aumento de sensibilidade dos veciños fronte a lacra...

Medio Rural destaca o aumento de sensibilidade dos veciños fronte a lacra dos incendios forestais

0


O director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, sinalou hoxe que se está percibindo un cambio na sociedade con respecto á problemática dos incendios forestais. Fíxoo durante un almorzo informativo cos xornalistas da provincia de Pontevedra no que apelou a colaborar na loita contra os lumes.

Dunha banda, destacou a importancia de denunciar as actividades delituosas e posibles incendiarios, que son os culpables de tres de cada catro incendios en Galicia, e doutra, sinalou a maior implicación que se está a notar por parte dos propietarios á hora de limpar as parcelas. Neste sentido, Fernández-Couto considera que tivo un importante peso a campaña levada a cabo pola Consellería á hora de informar e tamén a través dos apercibimentos previos feitos para evitar sancionar aos infractores.  

Leer más:  Ingresado en planta con evolución favorable el hombre apuñalado en el Orzán, en A Coruña

- Te recomendamos -