Inicio Galicia Xoán Curiel estrea 'A casa do terror' do 'Falaredes' este domingo na...

Xoán Curiel estrea 'A casa do terror' do 'Falaredes' este domingo na feira das cereixas da Laracha

0

O secretario xeral de Política Lingüística presentou hoxe a nova actividade do FalaRedes, que chegará entre xullo e setembro a 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística


O programa de dinamización lingüística FalaRedes estrea este domingo na Laracha unha nova proposta musical que chega da man de Xoán Curiel e da banda Son+de2: A casa do terror, un espectáculo musical dirixido á cativada de 7 a 12 anos e ás súas familias, que percorrerá ata setembro 15 localidades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta.“O FalaRedes 2018 continúa cunha nova proposta musical, que presentamos en exclusiva, pensada para dinamizar o uso do galego na rapazada, para ampliar a oferta de lecer na lingua propia de Galicia e tamén para apoiar e reforzar a programación de verán nos concellos adscritos á Rede”, destacou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na rolda de prensa de presentación, na que estivo acompañado polo alcalde, José Manuel López Varela; polos músicos Xoán Curiel e Jara Ortiz; e pola concelleira de Cultura, Festas e Deportes, Patricia Bello.

Leer más:  Los empleados de Navantia en Ferrol han aprobado un calendario de movilizaciones para las semanas venideras

A primeira das actuacións poderá gozarse, con entrada libre e de balde, o domingo ás 19:30 horas na praza do Campo da Feira de Paiosaco.

De xira por 15 concellos da RDLTras o seu éxito con Estamos no verán!!!, Xoán Curiel volve ao FalaRedes acompañado da banda Son+d2 e da bailarina Marta Alonso. O seu novo espectáculo, A casa do terror, presenta a historia dun grupo de amigos que se ve obrigado a durmir nun edificio encantado. A historia desenvólvese entre cancións, danzas, elementos teatrais ou clown e, sobre todo, con moita participación do público asistente.

Logo da primeira función na Feira das Cereixas de Paiosaco, A casa do terror chegará desde a vindeira fin de semana a Caldas de Rei, á Serra de Outes, a Ponteareas, a Melide, a Cambados, a Ames, a Castro Caldelas, a Ribadavia, a Ourense, a Narón, a Tui, á Estrada, a Moaña e a Burela. O calendario completo da xira e toda a información están xa dispoñibles no Portal da Lingua Galega e na Axenda de Cultura de Galicia.

FalaRedesFalaRedes é un programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a RDL, que conta xa con preto de 190 entidades adheridas. Neste ano 2018, FalaRedes chega á súa sétima edición cos obxectivos de ampliar a oferta de ocio na nosa lingua e dotar os concellos de actividade en galego, de promover o seu uso e valoración social e de apoiar os artistas que desenvolven a súa creatividade na lingua propia de Galicia.

Leer más:  Santiago establece "zona urbana" para solicitar la intervención del Gobierno y expandir la utilización residencial de Peleteiro

Catro edicións anteriores do programa FalaRedes acolleron os espectáculos Os Bolechas na máquina do tempo, Os Bolechas e o sabichón, Os Bolechas van ás olimpíadas e De Chispa a Tatá, imos de Moraña a Zas. Toda a información sobre as actividades de FalaRedes deste ano poden verse no Portal da Lingua Galega www.lingua.gal. 


- Te recomendamos -