Inicio Galicia A primeira convocatoria de axudas para a ordenación dos montes galegos beneficia...

A primeira convocatoria de axudas para a ordenación dos montes galegos beneficia a 157 propietarios

0

Trátase da primeira orde de subvencións deste tipo e o orzamento superou os 3,2 millóns de euros


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a relación dos beneficiarios das subvencións para a elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020. Nesta primeira convocatoria son 157 entre comunidades de montes veciñais en man común, propietarios particulares, asociacións, cooperativas e Sociedades de Fomento Forestal (Sofor) que ordenarán case 130.000 hectáreas.

Trátase da primeira vez que se convocan axudas deste tipo que teñen como obxectivo fomentar os instrumentos de ordenación nos montes. Con elas cúmprense con outra das 30 medidas anunciadas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, como parte do acordo forestal. En total, a Consellería do Medio Rural investirá nestas subvencións máis de 3,2 millóns de euros.

En concreto, estes fondos permitirán subvencionar a redacción dos instrumentos de ordenación tales como proxectos de ordenación, documentación simple de xestión, documentos compartidos de xestión e os documentos de adhesión masiva a modelos silvícolas. Preténdese así facilitar que os propietarios dispoñan dunha ferramenta técnica coa que organizar os seus recursos forestais e que garanta unha xestión sustentable do monte.

Leer más:  La compraventa de viviendas en Galicia crece 38,4% en febrero, seis veces más que la media nacional

Estes instrumentos serán imprescindibles para a realización de aproveitamentos forestais naqueles montes que poidan ordenarse mediante comunicacións de adhesión a modelos silvícolas (montes de menos de 15 ha) a partir do 31 de decembro de 2020 e para o resto será a partir do 31 de decembro de 2028, unha vez se aprobe a moratoria na Lei de Medidas Fiscais. Polo tanto, existe unha necesidade de impulsar de xeito decidido este tipo de ferramentas que se adaptan ao tipo de territorio e ao seu uso.

Enlace á publicación no DOG:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181116/AnuncioG0426-141118-0002_gl.html 


- Te recomendamos -