Inicio Galicia Valentín García acompaña a Francisco Álvarez ?Koki? na presentación de tres novos...

Valentín García acompaña a Francisco Álvarez ?Koki? na presentación de tres novos libros

0

Trátase dos volumes ‘Un neno na emigración’, ‘A memoria das Palabras’ e ‘Vasoiras Barreiro’, todos eles publicados por Edicións Fervenza

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este serán na presentación de tres libros do escritor guardés afincado en Nova York Francisco Álvarez ‘Koki’. No acto, celebrado no Centro Cultural da Guarda, déronse a coñecer Vasoiras Barreiro, A memoria das palabras e a reedición de Un neno na emigración, todos eles publicados pola editorial Fervenza.

Valentín García quixo resaltar, “ademais da valía literaria do autor que hoxe nos agasalla con estes tres libros, o feito de que o tempo e a distancia non o afasten do uso nin da promoción da lingua galega, que fai tanto aquí como en Nova York”. Co secretario xeral, estiveron na presentación o ilustrador Antonio Martínez ‘Cachi’, e o profesor e escritor Ramón Caride.

Poesía e narrativa xuvenilA memoria das palabras é un poemario que reúne dous espazos e dous tempos: o Nova York emigrante onde o autor reside desde hai anos e A Guarda da súa nacenza, da súa infancia e da súa memoria. Da colisión de ambos os dous lugares xorde o xenuíno cosmos poético que Francisco Álvarez alenta nestas páxinas.

Leer más:  El plazo para solicitar las ayudas de la Xunta para libros de texto y material escolar se inicia este martes

As outras dúas obras hoxe presentadas, Un neno na emigración e Vasoiras Barreiro, insírense no ámbito da narrativa infantoxuvenil. A primeira é unha reedición dun traballo de 2014 que conta a historia dun neno que viaxa a Nova York e aprende outras linguas sen por iso perder a súa propia. A segunda, que se publica co apoio da Xunta de Galicia e mais de Queixos Hoxe, trata temas de actualidade desde a perspectiva duns nenos que, coa axuda dunha vasoira, pretenden varrer as inxustizas do mundo.

Francisco Álvarez ‘Koki’Francisco Álvarez “Koki” (A Guarda, 1957) é escritor galego e animador cultural residente en Nova York, cidade onde fundou o colectivo Celso Emilio Ferreiro para mostrar a cultura galega nos Estados Unidos. Colaborou en varias antoloxías poéticas e revistas literarias da súa cidade de acollida, de América Latina e de Galicia. Ademais de poeta (con Lexanías, Maruxía, Máis aló de Fisterre, Alén da fronteira ou Para abril e amantes) e narrador (con Ratas en Manhattan), foi representante da UNESCO de Galicia na ONU e correspondente de A Peneira en Nova York. Actualmente é colaborador de A Nova Peneira.

Leer más:  La Xunta considera controlado el brote de gastroenteritis en un colegio de Ames (A Coruña), donde se han registrado alrededor de 100 casos

- Te recomendamos -