Inicio Galicia Rosa Quintana enxalza o labor da confraría de Noia de cara a...

Rosa Quintana enxalza o labor da confraría de Noia de cara a aportarlle valor engadido ao berberecho a través dun selo de calidade

0

Fixo fincapé no incremento das descargas de berberecho en Noia o ano pasado, que medraron un 70% e a facturación aumentou nun 80%

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, enxalzou o labor da confraría de Noia de cara a aportarlle valor engadido ao berberecho a través dun selo de calidade. Así o trasladou a titular de Mar na entrega dos premios Berberechos de honra, no marco das III Xornadas técnicas de exaltación do berberecho.

Alí a titular de Mar tamén destacou a importancia das marcas de calidade e dos selos de sustentabilidade coma este no eido das relacións comerciais, xa que son instrumentos perfectos para asegurar a nosa competitividade no mercado e garantir a calidade dos produtos do noso mar. Así, Rosa Quintana fixo fincapé no incremento das descargas de berberecho en Noia o ano pasado, que medraron un 70% e a facturación aumentou nun 80%.

No caso do identificativo de orixe xeográfica do berberecho galego, explicou que grazas a el “constribuídes a identificar correctamente este produto, fomentando a achega de información para que se recoñeza como galego e noiés”. Farao, subliñou, garantindo a autentificación do orixe, nun marco de trazabilidade e valorización do recurso que permitirá aos consumidores coñecer a historia do berberecho de Noia desde a súa captura ata a súa venda.

Leer más:  Reescritura: "Se investigan los menús de los comedores escolares de Ames (A Coruña) después de un brote de gastroenteritis que afectó a alrededor de 60 personas"

A conselleira lembrou ademais que esta iniciativa, promovida pola confraría de Noia a través do Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro seo de Fisterra-ría de Muros e Noia, contou cunha axuda ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo. Neste sentido, sinalou que o proxecto responde ao fomento da sustentabilidade da actividade pesqueira e do empoderamento do sector.


- Te recomendamos -