Inicio Galicia Conde destaca o papel protagonista das mulleres na economía social e apela...

Conde destaca o papel protagonista das mulleres na economía social e apela ao emprendemento cooperativo e feminino

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe no I Foro Medrando Xuntas en Santiago que reuniu ás participantes desta iniciativa da Xunta para potenciar as capacidades das mulleres


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago no I Foro Medrando Xuntas que reuniu ás participantes das dous edicións deste programa que impulsa a Xunta co obxectivo de impulsar que as socias e traballadoras do sector da economía social participen máis activamente nos proceso de toma de decisión das súas entidades e de potenciar as súas capacidades directivas.

Conde puxo en valor o papel protagonista das mulleres na economía social, un ámbito ao que o Goberno galego destina este ano 17 millóns de euros, un 6,4% máis que en 2017. O titular de Economía salientou os valores deste sector, como son a solidariedade, a voluntariedade, a inclusión, o coidado do medio ambiente, a responsabilidade social empresarial, a igualdade, a cooperación e o compromiso co contorno territorial.

Deste xeito, o conselleiro animou a impulsar a posta en marcha deste tipo de compañías que suman na actualidade máis de 3000 en Galicia, das que 98 se constituíron no que vai de ano. Sinalou que se trata dun sector propicio para o emprendemento cooperativo e feminino, animando ás participantes no Foro Medrando Xuntas a seguir desenvolvendo o seu talento a través da formación.

Leer más:  Galicia extiende la protección contra el neumococo a 15,000 bebés nacidos en 2022 mediante la vacuna de 20 valencias

O titular de Economía resaltou que o emprendemento feminino acumula dous anos consecutivos de crecemento en Galicia. De feito, 6 de cada 10 persoas que actualmente teñen intención de poñer en marcha un negocio na Comunidade galega son mulleres.

As participantes no I Foro Medrando Xuntas puxeron en común cales son os desafíos persoais que se presentan no seu contorno laboral, os novos retos do mercado e as súas oportunidades.  


- Te recomendamos -