Inicio Galicia Román Rodríguez amosa o seu compromiso cos xeodestinos para completar o desenvolvemento...

Román Rodríguez amosa o seu compromiso cos xeodestinos para completar o desenvolvemento turístico de Galicia

0

O conselleiro reuniuse hoxe cos representantes das comarcas turísticas galegas co obxectivo de incentivar a profesionalización da súa xestión e as boas prácticas


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reuniuse esta tarde cos representantes dos xeodestinos da Comunidade, as comarcas a través das que a Lei de Turismo organiza o fomento, planificación e promoción de Galicia como destino tendo en conta os seus recursos e as súas singularidades. O titular de Turismo da Xunta amosou ante todos eles, alcaldes e técnicos especializados nesta materia, o seu compromiso para avanzar no desenvolvemento turístico de Galicia, sentando as bases para completar o mapa dos xeodestinos e incidindo nunha das principais liñas estratéxicas da Consellería, o equilibrio territorial, un reto ao que están chamadas estas áreas turísticas.

Neste sentido, salientou a aposta do seu departamento polos xeodestinos con cinco obxectivos: afondar na especialización da oferta, poñendo en valor aqueles recursos e atractivos máis salientables das catro provincias; promover a diversificación de fluxos, ampliando os circuítos dos visitantes e propiciando a súa redistribución desde os espazos imán; incentivar a desestacionalización da demanda ao longo de todo o ano; traballar pola competitividade, cunha actividade máis sustentable, e profesionalizar a xestión, con equipos de profesionais permanentes e estables e a posta en marcha de boas prácticas.

Leer más:  El incendio forestal de Cabanas (A Coruña) que afectó a 2,4 hectáreas ha sido extinguido

Implantación e necesidadesA xuntanza de hoxe –na que participaron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director de Competitividade, José Luis Maestro,– permitiu avanzar na Estratexia do Turismo de Galicia 2020, a folla de ruta consensuada co sector que aposta pola excelencia e a autenticidade. A través deste documento, diagnostícase o grao de desenvolvemento dos xeodestinos e a súa implantación e analízanse as necesidades específicas de cada un.

A maiores das numerosas liñas de axudas dirixidas a entidades locais, a Xunta mobilizou este ano preto de 1,8 millóns de euros cos xeodestinos a través de convenios, nos que a administración autonómica aporta 1,2 millóns que comprometen investimentos para 2019.

O conselleiro transmitiu a importancia de entender o mapa dos xeodestinos “como un puzzle onde cada peza conta”, polo que o progreso turístico de Galicia non pode ser completo sen a cooperación de todos eles. Para iso, resulta fundamental a implicación dos concellos a través da creación de figuras directivas encargadas da xestión diaria e a concienciación de que o turismo é unha actividade económica clave da que deben corresponsabilizarse.

Leer más:  La compraventa de viviendas en Galicia crece 38,4% en febrero, seis veces más que la media nacional

- Te recomendamos -