Inicio Galicia A Xunta destinará o vindeiro ano máis de 1,4 millóns de euros...

A Xunta destinará o vindeiro ano máis de 1,4 millóns de euros a paliar e prever os danos ocasionados pola fauna silvestre

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo unha reunión cos alcaldes de Xermade, Ourol, Abadín, Valadouro e Muras


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou esta tarde que o vindeiro ano o departamento que dirixe destinará máis de 1,4 millóns de euros a medidas que axuden a paliar e prever os danos que ocasiona a fauna silvestre.

Así llo adiantou a conselleira de Medio Ambiente aos alcaldes de Xermade, Ourol, Abadín, Valadouro e Muras, cos que mantivo unha reunión esta tarde e quenes lle trasladaron a súa preocupación polo danos que o xabaril e o lobo está a provocar nos cultivos e nas explotacións gandeiras do seus termos municipais.Ángeles Vázquez amosou a súa coincidencia nesta cuestión e engadiu que os danos provocados pola fauna silvestre son unha preocupación e un problema do que o Goberno galego é “completamente consciente”. Nese sentido, ao longo de 2019 habilitarase unha partida de 1,4 millóns de euros que permitirá sacar unha nova liña de axudas por danos causados polo xabaril (dotada con 800.000 euros) e polo lobo (350.000 euros); así como outra orde de prevención dos danos provocados pola fauna silvestre (dotada con 300.000 euros).

Leer más:  El Supremo confirma la condena a 14 años de cárcel a 'El Chicle' por agredir sexualmente a su cuñada menor de edad

A modo de exemplo explicou que para reducir a presión do xabaril a Xunta autorizou batidas fóra dos períodos hábiles establecidos como medida de control por danos da poboación de xabaril; e que en ningún caso estas medidas de control poñen en perigo ou supoñen unha ameaza para o seu futuro. Engadiu que as batidas autorizadas aos tecores responden sempre a solicitudes previas formuladas por particulares ou institucións tras constatar danos provocados pola presencia deste animal salvaxe en determinadas zonas.


- Te recomendamos -