Inicio Galicia ?Reb/veladas na paisaxe? visibiliza a presenza da muller na arte a través...

?Reb/veladas na paisaxe? visibiliza a presenza da muller na arte a través de intervencións artísticas nos espazos verdes do Gaiás

0

Procura a posta en valor cultural das zonas naturais da Cidade da Cultura e darlle visibilidade á presenza da muller na arte contemporánea


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura Reb/veladas na paisaxe, un novo ciclo de intervencións artísticas nos espazos verdes do Gaiás co que se procura non só a posta en valor das súas zonas naturais –Bosque de Galicia e Parque do Lago– senón tamén darlle visibilidade á presenza da muller na arte contemporánea, incorporando unha perspectiva de xénero que reflicta a diversidade no ámbito creativo.

Para afianzar esta cerna convidouse, nesta primeira edición, a tres comisarias galegas –Chus Martínez Domínguez, Anxela Caramés e Antía Cea García– a que escolleran artistas cos que lles apetecera botar andar este ciclo e elixiron a Beatriz Lobo (Vigo, 1985), Paul E. Guy (Chicago, 1967) e Maria Kulikovska (Crimea, 1988), respectivamente.

As tres intervencións teñen en común o convite a unha andaina artística que impulsa a descuberta e a experimentación dos camiñantes, a través da propia interacción coas instalacións. Así, o Merendeiro de Beatriz Lobo, no Parque do Lago, procura ser un incentivo socializador popular; Birdwatching de Paul E. Guy, no Bosque de Galicia, tamén apela á colaboración do/a visitante para que aporte as súas achegas nunha sinxela estrutura de observatorio de paxaros; mentres que, no mesmo espazo natural, as tres figuras de xabón de Maria Kulikovska están acazapadas como un xeito de resistencia pasiva, pero visibles para o visitante desde o sendeiro. Desta forma, pretende afondar no exilio forzado, que a artista viviu en primeira persoa, ao fuxir a Suecia en 2014 despois de que un grupo terrorista ocupase un centro de arte onde ela expoñía en Crimea e ameazase a todos os artistas que exhibían alí a súa obra.

Leer más:  El 97% de los estudiantes que comienzan el colegio consiguieron una plaza en el centro educativo que habían elegido como su primera opción

O conselleiro situou a Reb/veladas na paisaxe como un “ciclo de referencia”, tanto para a visibilidade e recoñecemento da creación feita por mulleres, como de intervencións artísticas en espazos naturais. Precisamente, o titular de Cultura salientou a importancia deste novo ciclo para potenciar as zonas verdes e espazos naturais da Cidade da Cultura, engadindo un novo valor cultural e de lecer para Santiago e Galicia. Mais, sobre todo, remarcou a relevancia de Reb/veladas na paisaxe para recoñecer ás profesionais galegas o “importante papel” que xogan na creación contemporánea. Nova ruta artísticaEn Reb/velas na paisaxe as rutas peonís conducen o visitante/camiñante a estas intervencións artísticas. “Desta forma, establécese unha nova ruta ao Gaiás, atractiva e cargada de significados culturais”, valorou o conselleiro de Cultura, que explicou que a liña argumental das propostas é a creación dun novo camiño/itinerario que relaciona o marco natural coas dúas cidades (ao do Gaiás e a histórica) e tamén coas rutas de peregrinación.

Ao respecto, Román Rodríguez lembrou que monte Gaiás é unha “atalaia estratéxica” entre o Camiño Francés e a Vía da Prata, conectada en breve coa principal vía de comunicación galega norte-sur; a autoestrada do Atlántico.

MerendeiroA intervención artística de Beatriz Lobo, comisariada por Chus Domínguez Martínez, está baseada na realización in situ dunha mesa de pedra, cos seus respectivos bancos, dispostos entre o mobiliario presente neste territorio co fin de articular un novo espazo dentro do xa existente. Estes novos elementos están realizados coas pedras sobrantes –cuarcita, lousa, granito, etc.– da edificación da Cidade da Cultura.

Leer más:  Prado dirigirá la campaña gallega y estaría "encantada" de que el PP cuente con Millán Mon y "algunos gallegos más"

A instalación, localizada no mesmo espazo para o lecer e o descanso que existe no Parque do Lago, ten unha morfoloxía semellante a un diagrama sectorial, cunha mesa gráfica central articulada en porcións, e que responde a variables que son mostradas no conxunto da propia peza. A relación espacial e conceptual que establece co público activa unha experiencia vital que procura, por unha banda, converterse nun incentivo socializador popular, á vez que, por outra, se permeabilice coas raíces da memoria.

BirdwathcingA instalación do norteamericano Paul E. Guy propón unha sinxela estrutura dos observatorios de paxaros explorando así o valor da cabana, tanto como refuxio como dispositivo expositivo. A intervención, comisariada por Anxela Caramés, afonda ademais na idea de caseta, desde a intención de construír unha especie de estrutura auxiliar no marco dun contexto arquitectónico monumental, como é a Cidade da Cultura. O observatorio tamén se converte, á súa vez, nunha especie de gabinete de curiosidades, onde se recollen as achegas textuais e visuais dos visitantes que desexen deixar a súa colaboración completando unha serie de fichas, como se tratasen de pequenas obras de arte, cargadas de sentido subxectivo, pero altamente valioso.

Figuras de xabón de coresA proposta de Maria Kulikovska achega a idea do exilio como un tránsito. Nestas pezas o exiliado mira ao pasado e busca un futuro, colleitando pensamentos entre ambos os puntos, e resistíndose a darse por vencido. Partindo desta premisa conceptual, a artista presenta un tríptico: tres ‘esculturas performáticas’ de xabón realizadas con pigmentos naturais como mollos de herbas, seme e sangue, materiais que se transforman, adáptanse ás circunstancias, degrádanse. As figuras buscan emular unha pequena guerrilla acazapada entre a natureza, a modo de resistencia pasiva, visibles desde o carreiro. Non atacan, non saen ao encontro. Só loitan contra a gravidade para manterse en pé, reflectindo a súa posición ante o conflito de Ucraína.

Leer más:  Dos jóvenes fueron detenidos por vender drogas a las puertas de un instituto de Pontevedra

Apeiros de labranza para a sinalizaciónReb/veladas na paisaxe contou co estudio Cenlitrosmetrocadrado para levar a cabo o sistema de sinalización para esta nova andaina creativa que percorre o Bosque de Galicia e o Parque do Lago.

O modelo elixido caracterízase, ademais de pola súa incuestionable funcionalidade, pola súa orixinalidade, á vez que a súa axeitada integración no territorio, xa que as infraestruturas emulan a un apeiro de labranza, o que lle confire tamén un carácter pouco invasor.

Visitas comentadas coas comisarias/artistasAs intervencións de Reb/velas na paisaxe poderán verse ata o 21 de outubro e contarán con visitas comentadas todos os venres ás 20 horas, de balde e sen necesidade de inscrición. Tamén están pechadas visitas guiadas cos propias comisarias e artistas. A primeira delas será mañá venres, ás 20 horas, con Antía Cea e Maria Kulikovska; seguiralle 1 de xuño a instalación do Merendeiro, coas explicacións de Chus Martínez Domínguez e Beatriz Lobo, comisaria e artista, respectivamente; e o 15 de xuño será a quenda de Birdwatching na que participan Anxela Caramés e Paul. E. Guy.

Estas actividades e máis información polo miúdo do proxecto, recolleuse na páxina web da Cidade da Cultura –www.cidadedacultura.gal– a partir da inauguración o 24 de maio. 


- Te recomendamos -