Inicio Galicia Conde salienta o Grupo Coren como arquetipo do galego que coopera, que...

Conde salienta o Grupo Coren como arquetipo do galego que coopera, que une esforzos, que emprende e que busca mercados e alianzas

0

Destaca que o novo colexiado pertence á familia que funda o que se pode bautizar como a Galicia cooperativa, unha fórmula innovadora para desenvolver un proxecto industrial e tamén como maneira de entender as relacións humanas


Ourense, 24 de maio de 2018.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, referiuse esta tarde ao Grupo Coren como arquetipo do galego que coopera, que une esforzos, que emprende e que busca mercados e alianzas . “Nada que ver co tópico que teimosamente nos teñen adxudicado, e que serviu moitas veces para descartar o noso desenvolvemento”, aseverou.

Durante o acto de nomeamento de Manuel Gómez-Franqueira Álvarez como Colexiado de Honra do Colexio de Economistas de Ourense, Conde subliñou que esta estirpe emprendedora premiada esnaquiza eses mitos negativos da Galicia illada, minifundista e individualista, reticente á innovación.“Manuel Gómez-Franqueira é galego. Son galegos os 4793 cooperativistas. Galegos son os seus produtos. E galega é a sociedade que rodea e arroupa esta estrutura empresarial única en España, que recibiu no 2003 o premio de Mellor Empresa Agroalimentaria Española”, dixo, ao que engadiu que o novo colexiado pertence á familia que funda o que se pode bautizar como a Galicia cooperativa, como fórmula innovadora para desenvolver un proxecto industrial e tamén como maneira de entender as relacións humanas.

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo en Galicia por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

Así mesmo, resaltou que o grupo de empresas que capitanea Manuel Gómez-Franqueira ten demostrado ademais unha capacidade para innovar e adaptarse a contextos económicos diferentes, con poucos parangóns en proxectos españois e europeos. “Coren transforma a ameaza en oportunidade. Non ve nos novos mercados e regulacións un risco do que hai que protexerse, senón acicates para dar novos pasos adiante”.

Conde resaltou ademais que na xa longa historia de Coren hai un éxito formado polo binomio innovación e estabilidade, unha fórmula que inspira tamén a Galicia dos nosos días.


- Te recomendamos -