Inicio Galicia O Sergas prestará asistencia sanitaria aos 281 nenos saharauis que pasarán o...

O Sergas prestará asistencia sanitaria aos 281 nenos saharauis que pasarán o verán en Galicia co programa vacacións en paz

0

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, entregou esta mañá os documentos acreditativos da cobertura asistencial dos rapaces aos responsables da Asociación Solidariedade galega co pobo saharaui

O Servizo Galego de Saúde dará cobertura asistencial un verán máis aos rapaces saharauis que participan no programa Vacacións en Paz 2018, organizado en Galicia pola Asociación Solidariedade galega co pobo saharaui (Sogaps). Esta mañá, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, fixo entrega á presidenta de Sogaps, Maite Isla Avión, dos documentos acreditativos que garanten a asistencia sanitaria durante as vacacións dos 281 nenos saharauis que se desprazan a Galicia este verán, ao abeiro do programa.

A colaboración establecida entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Solidariedade galega co pobo saharaui inclúe a atención primaria, a atención especializada e as prestacións farmacéuticas.

A cobertura sanitaria en atención primaria inclúe a cobertura nas consultas, servizos e centros de saúde; a indicación ou prescrición e a realización de probas e medios diagnósticos; as actividades programadas en materia sanitaria como a vacinación, exames de saúde e outras medidas de prevención, promoción e rehabilitación; ademais de programas de atención á infancia e urxencias.

Leer más:  Rueda reprende a la conselleira de Medio Rural por sus comentarios incendiarios: "Fueron desafortunados y se lo comenté"

En canto á atención especializada, inclúese a asistencia ambulatoria especializada en consultas, que pode abarcar os procedementos cirúrxicos menores; a asistencia ambulatoria especializada no hospital de día, que abrangue a asistencia médica, a cirúrxica, a pediátrica para procesos agudos, a reagudización de procesos crónicos ou a realización de tratamentos de procedementos diagnósticos que así o aconsellen; ademais da asistencia especializada en réxime de hospitalización.

No referido da prestación farmacéutica, a colaboración establecida abrangue a dispensación prestada en réxime de internamento e a prescrita en réxime extrahospitalario.

Dende hai varios anos, numerosas familias galegas acollen no verán nos seus fogares a nenos e nenas saharauis procedentes dos campamentos de refuxiados, dentro do programa Vacacións en Paz. Neste 2018, a súa estancia comeza esta semana, o venres día 29 e rematará o 10 de setembro. 


- Te recomendamos -