Inicio Galicia Medio Rural inviste 30.000 euros para repoñer os muros de contención de...

Medio Rural inviste 30.000 euros para repoñer os muros de contención de tres rúas do concello ourensán de Cortegada

0

A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, visitou estas actuacións realizadas ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rural, que este ano na provincia ourensá financiou con máis de 712.000 euros obras en 20 concellos


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, desprazouse hoxe ata Cortegada para supervisar o resultado das obras que se executaron neste municipio ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) da Consellería do Medio Rural que contribuirán a mellorar a seguridade dos veciños e a evitar a deterioración da rede viaria. Na visita estivo acompañada do alcalde deste concello ourensán, Avelino Luis de Francisco, e do xefe territorial, Yago Borrajo.

En total, actuouse en tres rúas repoñendo os muros de contención ao seu estado orixinal, logo do derrubamento que sufriron durante o pasado inverno pola escorrentía de augas pluviais. Os traballos realizáronse en tres vías de titularidade municipal: nos accesos ao balneario, na rúa Otero Novas, e na rúa Doctor José Castro. O custo destas obras xa executadas ascende a 30.000 euros, subvencionados na súa totalidade pola Xunta.

Leer más:  Galicia, Euskadi, Asturias y Cantabria unen fuerzas para promocionarse juntas como destinos turísticos sostenibles

Marisol Díaz destacou a importancia destas actuacións, que contribúen ao desenvolvemento do rural galego. A representante da Xunta en Ourense indicou que esta iniciativa ten importantes beneficios sobre os cidadáns, xa que supón o arranxo e renovación de todo tipo de infraestruturas no agro (camiños rurais, pontóns e pontes e instalacións de subministracións, entre outras) que permiten mellorar as condicións de vida da poboación nos núcleos rurais. As actuacións intégranse na estratexia global da Xunta para contribuír á fixación da poboación do rural e facilitar o seu asentamento e dinamización.

A delegada territorial subliñou que a Consellería do Medio Rural destinou este ano 712.162 euros para financiar obras do PIR en 20 concellos da provincia de Ourense. 


- Te recomendamos -