Inicio Galicia A Xunta fai entrega de once novos vehículos destinados á unidade de...

A Xunta fai entrega de once novos vehículos destinados á unidade de medio ambiente da Policía Autonómica

0

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor indicou que coa entrega destes 11 vehículos Nissan Qashqai, acadase unha inversión superior aos 1,6 millóns de euros en vehículos policiais ao longo destes últimos 5 anos


O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor fixo entrega esta mañá, na Academia Galega de Seguridade Pública, de 11 novos vehículos todoterreos para o uso específico das Unidades de Medio Ambiente da Policía Autonómica. Coa entrega destes 11 vehículos Nissan Qashqai acadase unha inversión superior aos 1, 6 millóns de euros en vehículos policiais ao longo destes últimos 5 anos.

Tal e como indicou Luis Menor, continúase deste xeito coa política de renovación dos distintos vehículos da Policía Autonómica, e con esta nova dotación elevase a 62 os vehículos novos entregados nos últimos 5 anos. Salientar ademais que dentro de 10 días se entregará outro novo vehículo camuflado, o que significa a renovación do 60% da flota de vehículos desta Unidade.

Estes novos vehículos veñen a cubrir as necesidades de coches camuflados, tan necesarios para poder efectuar investigacións, controis e vixilancias discretas, complementando así as actuacións policiais necesarias para a protección do medio natural e a loita contra o furtivismo e marisqueo ilegal, así como as investigacións en materia de incendios forestais. Están dotados ademais dun kit de toma de mostras e de cámara fotográfica, necesarios na labor policial de control e denuncia daquelas actividades que poidan atentar contra o medio ambiente natural.

Leer más:  Fallece en el hospital la madre de la víctima del incendio en un piso de O Valadouro (Lugo)

- Te recomendamos -