Inicio Galicia Medio Rural financia a adquisición dun tractor para a prevención de incendios...

Medio Rural financia a adquisición dun tractor para a prevención de incendios polo Concello de Cuntis

0

O delegado da Xunta en Pontevedra visitou hoxe este municipio con motivo da compra desta maquinaria para a roza de matogueira


O concello pontevedrés de Cuntis dispón dende hoxe dun novo tractor para a prevención de incendios forestais, en virtude dun convenio financiado pola Consellería do Medio Rural, cun importe máximo de 85.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe este concello con motivo da adquisición desta maquinaria para a roza. Con este tipo de convenios trátase de facilitar, por parte da Xunta, os traballos de limpeza de matogueira no ámbito de competencias das entidades locais.

Na visita estivo acompañado do alcalde de Cuntis, Manuel Campos, así como polo xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo.

Neste contexto, o pasado mes de agosto asináronse os correspondentes documentos con 19 alcaldes de toda Galicia, entre eles, os de Ribadumia, Dozón, Cuntis e Portas. En virtude destes acordos, Medio Rural comprometeuse a financiar a compra da maquinaria por parte dos municipios beneficiados. A axuda destínanse á compra dun tractor con dous apeiros de roza (un de arrastre e outro de brazo). O IVE correspondente ten que aboalo cada concello.

Leer más:  Dos jóvenes fueron detenidos por vender drogas a las puertas de un instituto de Pontevedra

A Consellería continuará con esta iniciativa e proseguirá achegando financiamento, por un importe total de 3,2 millóns de euros só este ano, para a adquisición de novos tractores, ata chegar a entrega de 35 neste exercicio para concellos de toda Galicia.


- Te recomendamos -