Inicio Galicia A Xunta impulsa con 200.000 euros o novo centro de atención a...

A Xunta impulsa con 200.000 euros o novo centro de atención a persoas con patoloxía dual que constrúe Fudace en Castro de Rei

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, visitou as obras e reiterou “o compromiso do Goberno galego con esta entidade”, coa que ten concertadas prazas que supoñen un orzamento anual de máis de 400.000 euros

A Xunta de Galicia impulsa cunha achega de 200.000 euros o novo centro de atención a persoas con trastorno ou patoloxía dual que promove a Fundación de Dano Cerebral (Fudace) de Lugo en Castro Ribeiras de Lea, no municipio de Castro de Rei.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe as obras -que están xa moi avanzadas- xunto co presidente de Fudace, Luis Abelleira, e o alcalde do concello, Francisco Balado, entre outros. Trabállase coa previsión de que as instalacións poidan estar totalmente rematadas no prazo aproximado dun mes.

Balseiro reiterou a vontade do Goberno galego de seguir colaborando con esta entidade, coa que ten concertadas 16 prazas -na residencia e centro de día- que supoñen un orzamento anual de 406.000 euros financiados pola Consellería de Política Social.

Leer más:  Los empleados de Navantia en Ferrol han aprobado un calendario de movilizaciones para las semanas venideras

Igualmente, nos últimos anos a Consellería do Medio Rural achegou 600.000 euros a Fudace a través de tres axudas -de 200.000 euros cada unha- do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terra Chá. Nesta ocasión, o GDR concedeu prioridade á iniciativa do centro de tratamento de patoloxía dual no marco dos proxectos non produtivos que apoia en favor do desenvolvemento socioeconómico dos núcleos rurais.

Balseiro sinalou que a Xunta “ten o firme compromiso de seguir incrementando o apoio ás persoas con discapacidade e ás súas familias, fomentando a plena integración e a igualdade de oportunidades e reforzando a cooperación coas entidades como Fudace, que realizan un importante labor social”.

Neste sentido, o centro residencial de atención a persoas con parálise cerebral de Fudace en Castro Riberas de Lea é xa un referente en Galicia, albergando a pacientes de toda a comunidade. Co novo centro de patoloxía dual, a entidade asumirá a prestación dun servizo pioneiro en Galicia e practicamente no Estado; está orientado a tratar a persoas que sofren dunha adicción en coexistencia con outro trastorno mental.

Leer más:  El fuego en A Fonsagrada (Lugo) ha sido controlado después de arrasar 65 hectáreas

- Te recomendamos -