Inicio Galicia Máis de 900 pacientes crónicos están incluídos no programa TELEA que permite...

Máis de 900 pacientes crónicos están incluídos no programa TELEA que permite o seu seguimento monitorizando constantes desde o domiclio

0

A inclusión dos pacientes é voluntaria e unha vez rexistrado cada paciente mide no seu domicilio, de forma regular e autónoma, as súas variables (tensión, glucemia…) e anota os resultados no programa


Un total de 932 pacientes crónicos son monitorizados polo Servizo Galego de Saúde, sen necesidade de acudir ao seu centro de saúde, grazas á ferramenta tecnolóxica TELEA. Trátase dun proxecto de innovación que pon en contacto directo aos equipos de profesionais cos pacientes, tanto adultos como nenos, facilita o traballo conxunto dos profesionais da atención primaria e hospitalaria e contribúe a mellorar o control das enfermidades crónicas, a evitar descompensacións e ingresos, e polo tanto mellorar a súa calidade de vida.

O Sergas continúa a estender a implantación desta iniciativa, o obxectivo é finalizar o ano co 50% dos centros de Galicia con esta posibilidade, e co 100% no ano 2019. Este programa é unha das apostas da Administración sanitaria galega para conseguir unha abordaxe integral da cronicidade na atención primaria grazas ao uso das novas tecnoloxías.

Leer más:  El Supremo confirma la condena a 14 años de cárcel a 'El Chicle' por agredir sexualmente a su cuñada menor de edad

Os pacientes crónicos poden solicitar de forma voluntaria a inclusión no programa TELEA. Unha vez rexistrados, miden no seu domicilio de forma regular e autónoma as súas variables (tensión, glucemia…) e anotan os resultados no programa, que aparecen incluídos na súa historia clínica.

O profesional responsable do seu control visualiza e monitoriza esas constantes e comunícase, se o precisa, co paciente (por chamada telefónica, videoconferencia ou de forma presencial) e determina en función da súa situación, actuacións encamiñadas a restaurar a normalidade.

Deste xeito, o persoal de enfermería exerce as funcións de xestores no caso dos pacientes crónicos pluripatolóxicos que están nos seus domicilios. TELEA permite tamén que, no caso de pacientes con gran dependencia, sexa o coidador quen poida interactuar e aportar información do doente aos profesionais sanitarios.

As funcionalidades da plataforma TELEA posibilitan aos profesionais ter unha actitude proactiva no seguimento do paciente, dando una resposta en tempo no caso de alteración da patoloxía de base, e establecen niveis de control personalizados en función das necesidades clínicas, sociais ou funcionais de cada paciente. Ademais permite o contacto co doente no seu propio domicilio, evitando desprazamentos.

Leer más:  Rueda reprende a la conselleira de Medio Rural por sus comentarios incendiarios: "Fueron desafortunados y se lo comenté"

Ademais, o Sergas iniciou, o pasado mes de abril, o seguimento a través da plataforma TELEA de menores con diabetes mellitus tipo 1. O programa inclúe, por primeira vez, a pacientes pediátricos con esta medida que beneficiará a máis de 200 menores galegos. Esta ferramente posibilita que os datos de glucemia, dose de insulina, racións de hidratos de carbono e o exercicio físico, poidan ser rexistrados por día e por rango horario tanto por estes pacientes como polos seus proxenitores nos seus domicilios. Os profesionais que realizan o seguimento dos pacientes menores con diabetes mellitus tipo 1 son pediatras de atención hospitalaria. 


- Te recomendamos -