Inicio Galicia Díaz Mouteira comproba as obras de acondicionamento dos accesos ao núcleo de...

Díaz Mouteira comproba as obras de acondicionamento dos accesos ao núcleo de podentes, no concello ourensán da Bola

0

A delegada territorial da Xunta destacou os 107.000 euros que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destinou a esta obra co fin de mellorar as infraestruturas viarias do municipio


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou esta mañá o concello da Bola co obxectivo de comprobar as obras de acondicionamento do acceso ao núcleo de Podentes realizadas pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Díaz Mouteira estivo acompañado da alcaldesa da localidade, Teresa Barge e da xefa territorial do departamento autonómico, Victoria Núñez.

Os traballos foron realizados ao abeiro dun convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello da Bola por un importe de máis de 107.000 euros.

A delegada territorial indicou que o valor destas actuación non só reside no investimento realizado, senón que tamén son importante os obxectivos que se acadan, como mellorar as condicións urbanas e as comunicacións veciñais poñendo en valor os accesos ao núcleo de Podentes, que tiñan un pavimento moi deteriorado e carecía de infraestruturas subterráneas necesarias. Podentes é o núcleo máis importante desta localidade, xa que nel se concentran os servizos sanitarios, os de atención á terceira idade e a maior parte do tecido comercial.

Leer más:  González Casares (PSdeG) destaca que el Estado está "fortaleciendo" a Galicia con los 4.500 millones para el Corredor Atlántico

Unha vez rematadas as obras, o camiño conta con nova pavimentación e co soterramento das liñas de subministración eléctrica e de telecomunicacións, así como dunha nova rede de saneamento e abastecemento de auga potable. Ademais, a actuación inclúe melloras substanciais para persoas con mobilidade reducida.

Marisol Díaz sinalou que con este tipo de convenios a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio pretende fomentar un adecuado desenvolvemento urbanístico das vilas, con actuacións orientadas a frear o despoboamento, potenciando as infraestruturas, servizos e equipamentos e, en definitiva, mellorando o benestar e a calidade de vida da súa poboación. 


- Te recomendamos -