Inicio Galicia A Xunta somete a información pública o Plan de transporte público de...

A Xunta somete a información pública o Plan de transporte público de Galicia que renovará a 1.400 liñas de autobús para adaptalas ás necesidades dos galegos, especialmente do rural

0

Vázquez Mourelle convida á máxima participación neste proceso no que os interesados poden trasladar as súas suxestións dende o mércores ata o día 31

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, presentou hoxe en rolda de prensa o documento base do Plan de transporte público de Galicia que hoxe inicia o proceso de información pública para renovar a 1.400 liñas de autobús e adaptalas ás necesidades dos galegos, especialmente do rural.

Vázquez Mourelle subliñou que este plan suporá que Galicia se converta na primeira autonomía que, en cumprimento da normativa europea, activa a modernización integral da rede autonómica de servizos de autobús.

Explicou que coa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) do primeiro dos dous procesos de información pública deste documento, a Xunta busca garantir o diálogo con todos os axentes implicados. Así, os interesados poden trasladar as súas suxestións para mellorar o plan desde este mércores ata o día 31 de maio.

O seguinte proceso de información pública será xa en 2019, cando se abrirá á participación de todos os interesados o detalle concreto das rutas e dos horarios das liñas, os proxectos de explotación.

Leer más:  El PPdeG solicitará en el Parlamento que el Gobierno ceda sus recursos materiales y humanos para administrar el litoral

Convidou á máxima participación e destacou a importancia da colaboración dos concellos, para que cidades como Ferrol e Pontevedra, que non dispoñen de transporte urbano, aproveiten esta reorganización para asumir a obriga legal de prestar servizos urbanos; e das deputacións, para que axuden aos concellos co seu transporte, de cara a un posible reforzamento dos servizos.

Sinalou que a participación activa das deputacións provinciais xa se solicitou en liña co mandato do Pleno do Parlamento galego, xa que se dirixiu unha carta aos presidentes en novembro, pedíndolle colaboración no deseño do mapa de transportes e apoio financeiro aos concellos na posta en marcha de servizos municipais. Precisou que xa se iniciaron conversas coa Deputación de Ourense, a única que respondeu ao chamamento.

Un plan bo para GaliciaO Executivo autonómico está a traballar arreo no deseño dun Plan de transporte público de Galicia bo para os usuarios, para os traballadores e para o futuro das Pemes, en definitiva, bo para toda a comunidade, pois contribuirá a avanzar na vertebración do territorio e na igualdade de oportunidades de todos os galegos.

A Xunta está a aproveitar a oportunidade que presenta a fin das antigas concesións para despregar un sistema de transporte público sostible e eficiente, preparado para dar resposta ás demandas actuais e futuras de mobilidade dos galegos, afondando nas modalidades como o transporte compartido e a demanda para dotar ao rural de máis e mellores servizos.

Leer más:  Dos jóvenes fueron detenidos por vender drogas a las puertas de un instituto de Pontevedra

Ethel Vázquez indicou que este plan suporá a modernización de preto de 3.000 autobuses, coa conseguinte mellora da accesibilidade nos vehículos, e a aposta polo tecido empresarial galego, xa que se blindan as cláusulas sociais pactadas o ano pasado cos sindicatos UGT e CC.

OO, garantindo a estabilidade laboral para 5.000 traballadores do sector.

Manifestou que o documento mira polo futuro das pequenas e medianas empresas, ao limitar o número máximo de contratos que se poderán adxudicar a un único grupo empresarial e ao dimensionar os contratos para facelos accesibles ás Pemes, en solitario ou uníndose entre elas.

Balance positivoA Xunta poñía en marcha no pasado mes de agosto a 1ª fase do plan, iniciando o camiño da modernización do transporte público por estrada en 800 liñas das catro provincias. Este período ten demostrado a utilidade do plan, potenciando a rede de transporte existente e reportado importantes vantaxes aos usuarios, especialmente aos veciños do rural de Galicia.

Vázquez Mourelle sinalou que o plan está a ter unha boa acollida por parte dos usuarios, como así o avalan os máis de 4 millóns de viaxeiros nestes 9 meses que leva en funcionamento, o que supón un incremento no uso do transporte por enriba do 5%.

Leer más:  Detenido en A Illa (Pontevedra) el supuesto autor del crimen a cuchilladas de su cuñado en Vilagarcía

Puxo en valor os datos que arroxan as novas modalidades como o autobús compartido, con 90.000 usuarios ademais dos escolares, 2,5 millóns de quilómetros e cero incidencias; ou o transporte a demanda, pois nestes meses máis de 750 persoas chamaron á central de reservas solicitando algún servizo, evitando que os autobuses circulen cando non hai viaxeiros.

O éxito destas dúas novas modalidades de transporte supón que o Goberno galego incida neles no marco da 2ª fase do Plan de Transporte Público, estendéndoas a novas áreas rurais da comunidade, que é onde estas liñas cobran pleno sentido e son máis eficaces. Trátase de achegar o transporte aos veciños do rural, algo que tamén se fará apostando pola prestación de servizos con microbuses e taxis naqueles lugares nos que este tipo de vehículos abonde para atender a demanda. 


- Te recomendamos -