Inicio Galicia O proxecto Lifeiseas reúne en Vigo a mais de 50 expertos internacionais...

O proxecto Lifeiseas reúne en Vigo a mais de 50 expertos internacionais na conferencia Martec´18 sobre tecnoloxías aplicadas á redución e xestión de descartes

0

Organizada pola Fundación CETMAR e polo IIM-CSIC, terá lugar do 2 ao 4 de maio na sede Afundación e incluirá 19 conferencias e 30 comunicacións orais en cinco sesións temáticas

O Centro Tecnolóxico do Mar organiza conxuntamente co Instituto de Investigaciones Marinas-CSIC, líder do proxecto LIFEISEAS, a “Conferencia internacional sobre avances en tecnoloxías mariñas aplicadas á redución e xestión de descartes, MARTEC 18”, que se desenvolverá na cidade de Vigo do 2 ao 4 de maio.

O evento, que se enmarca dentro do proxecto europeo LifeiSeas, reunirá a mais de medio cento de expertos de 12 países de Europa, América e África, incluíndo científicos, representantes do sector marítimo-pesqueiro e membros das diferentes administracións. Todos eles aportarán a súa visión en cinco sesións temáticas e a través de 19 relatores invitados, 30 comunicacións orais e 32 pósteres.

O obxectivo da conferencia e converterse en punto de encontro para presentar e debater sobre as últimas innovacións cara á xestión dos descartes por parte dos principais expertos na materia. Neste sentido, abordaranse os avances a bordo, as novidades na xestión e procesamento de datos, as solucións en terra e as implicacións da obrigación do desembarco.

Na última xornada de MARTEC18, prevista para a mañá do venres día 4, terá lugar o debate sobre o futuro do sector pesqueiro da man de investigadores, sector pesqueiro, administracións e outras partes interesadas. A clausura da conferencia correrá a cargo da conselleira do Mar, Rosa Quintana.

A organización desta conferencia internacional é unha actividade do proxecto LifeiSeas, no que ademais do CETMAR e do IIM-CSIC participan o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), o Instituto Español de Oceanografía (IEO), a Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto e Ría de Marín (OPROMAR) e Talleres Josmar SL.

O devandito proxecto, financiado polo programa LIFE da Unión Europea, finaliza o vindeiro mes de xuño. Trala conferencia MARTEC18, o consorcio iSeas organizará a súa reunión final, que terá lugar os días 30 e 31 de maio na sede do IIM-CSIC. Finalmente, o día 1 de xuño terá lugar na Autoridade Portuaria de Marín unha xornada de demostración da planta piloto para a valorización e procesamento integral de descartes deseñada no marco do proxecto para aproveitar a biomasa descartada.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre