Inicio Galicia A Xunta pon a disposición dos concellos actividades gratuítas para avanzar no...

A Xunta pon a disposición dos concellos actividades gratuítas para avanzar no rexeitamento da violencia contra as mulleres

0

A secretaria xeral da Igualdade Susana López Abella,a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o presidente da Fegamp, Alfredo García presentaron esta maña en rolda de prensa as acción ofertadas en materia de violencia de xénero para as entidades locais


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella presentou esta mañá as actividades ofertadas para o curso 2018-2019 en materia de violencia de xénero nas que inclúen proxeccións, obradoiros, exposicións ou formación específica na materia, que os concellos integrantes da Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero poden solicitar de forma gratuíta.

Susana López Abella, acompañada da directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e do presidente da Fegamp, Alfredo García presentaron esta maña en rolda de prensa as acción ofertadas en materia de violencia de xénero e segundo indicou a secretaria xeral da Igualdade, no marco do acordo asinado co Fegamp ponse en marcha as actuacións enmarcadas na Rede de entidades locais contra a Violencia de Xénero, co obxectivo de buscar o rexeitamento social e institucional que supón a violencia contra as mulleres, sensibilizado á poboación e buscando a súa implicación e compromiso real en contra da mesma, fomentando modelos alternativos de convivencia baseados no respecto a na igualdade.

Leer más:  Prado critica la falta de explicaciones de Sánchez sobre una cuestión grave de corrupción, y lo califica como "desaparecido"

Este ano, tal e como indicou López Abella é o que maior número de acción se poñen a disposición dos concellos, e todas están enmarcadas nos obxectivos de prevención, información, formación e asistencia directa ás vítimas e as súas fillas e fillos, e que non comportan custo económico algún para os concellos.

Concretamente este ano serán 12 as actuacións a poñer en marcha co obxectivo de chegar aos 195 concellos que actualmente están adheridos á Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero. Dos 195 concellos, 72 pertences á provincia de A Coruña; 40 á provincia de Lugo, 41 á provincia de Ourense e 42 a provincia de Pontevedra.

Por último o presidente da Fegamp destacou a importancia da implicación da cidadanía na consecución dos obxectivos perseguidos: “é básico que como cidadáns nos impliquemos rexeitando a violencia de xénero xa que sen ese apoio de todos e todas contra a violencia machista ningunha acción obterá os resultados desexados nin perdurará no tempo”, argumentou García.

A Secretaria Xeral da Igualdade presentou unha nova guía que se pon a disposición dos concellos galegos, concretamente é un manual para a dinamización das mesa locais de coordinación interinstitucional contra a Violencia de Xénero. Este novo manual de dinamización pretende ser complementario á guía práctica para a constitución das mesas locais de coordinación contra a violencia de xénero que se editou no ano 2015, e ques este ano se reedita dende a Secretaria Xeral da Igualdade, para dar o impulso á constitución das mesas locas.

Leer más:  Prado dirigirá la campaña gallega y estaría "encantada" de que el PP cuente con Millán Mon y "algunos gallegos más"

Actuación a levar a cabo nos concellos-“Violencia de xénero e o novo contexto dixital- Prevención de situacións de violencia de xénero- I´ll be Watching You” II (Hei estar vixiándote II). – Exposición “Á Violencia de Xénero… Dille NON!”- Exposición “Cartas de Amor”.- Programa de asesoramento e terapia familiar con nenos e nenas que sufriran de maneira directa ou indirecta violencia de xénero.- Proxección da curtametraxe “MIÑA”- Charlas informativas sobre a violencia de xénero- Charlas informativas sobre agresións sexuais e violencia sexual- Visita ás instalacións do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero por parte do persoal do concello- Formación para o persoal do concello no marco do impulso das Mesas de Coordinación interinstitucional fronte a violencia de xénero (MLC):-Exposición fotográfica “Express-Arte”


- Te recomendamos -