Inicio Galicia A Xunta reitera o seu compromiso coas persoas con alzhéimer e as...

A Xunta reitera o seu compromiso coas persoas con alzhéimer e as súas familias na inauguración da mostra de Fagal

0

A responsable autonómica garantiu o compromiso do Goberno galego con este colectivo, ao tempo que avogou polo traballo en común e coordinado coas entidades nos ámbitos da investigación, a formación, a prevención, a mellora dos servizos e a sensibilización social

A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez, inaugurou esta mañá a mostra ’20 anos facendo camiños, 20 anos facendo memoria” da Federación Alzhéimer Galicia (Fagal), que desde hoxe se pode ver no espazo da pirámide do edificio da Xunta de Galicia en San Caetano. O presidente de Fagal, Juan Carlos Rodriguez Bernárdez, e o máximo responsable en Galicia do Comité Español de Persas con Discapacidade, Iker Serturcha, tamén participaron no acto de apertura desta mostra ao abeiro do proxecto ‘CapacitARTE’ impulsado polo Cermi.

Na súa intervención, Fabiola García destacou o traballo de Fagal e das 13 asociacións que a integran, que está documentado nos paneis e fotografías da mostra que hoxe ase abriu e que forma parte do programa de actos do Día Mundial do Alzhéimer que se conmemorará o vindeiro día 21 de setembro. Ao respecto, avogou por continuar adiante co traballo en común e de maneira coordinada nos ámbitos da investigación, a formación, a prevención, a mellora dos servizos e a sensibilización social para garantir a calidade de vida das persoas que padecen alzhéimer e apoiar ás súas familias.

Leer más:  El TSXG confirma la absolución del exalcalde de Baiona Carlos Gómez tras ser acusado de retirarse multas de aparcamiento

Ademais, a directora xeral garantiu o compromiso da Xunta de Galicia a través do novo incremento nun 5% dos convenios de colaboración con todas as entidades que forman parte do Cermi. “Seguiremos traballando man con man coas entidades, seguido sempre ao carón delas facilitándolles os recursos que precisan para que poidan levar a cabo mellor a súa tarefa”, indicou.

O proxecto ‘CapacitARTE’ consiste na realización de exposicións monográficas sobre os servizos e proxectos que levan a cabo cada unha das entidades que forman parte da devandita plataforma asociativa, e que ten por obxecto dar visibilidade ao traballo que estas realizan así como concienciar á poboación en xeral. 


- Te recomendamos -