Inicio Galicia A Xunta investirá máis de 1,3 millóns de euros na recuperación das...

A Xunta investirá máis de 1,3 millóns de euros na recuperación das zonas afectadas polos incendios forestais na mancomunidade de Vigo

0

Actuarase en 670 hectáreas para que os montes sexan máis resistentes aos lumes, apostando por descontinuidades, pola plantación de frondosas e por protexelos dos terreos particulares que puidesen estar en situación de abandono

A Xunta segue a traballar na recuperación das superficies afectadas polos incendios de outubro de 2017 en toda Galicia e máis especificamente na área de Vigo, unha das máis prexudicadas por aquela vaga de lumes. Neste sentido, o vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural, José González, reuníronse hoxe con representantes das 12 comunidades de montes veciñais en man común da contorna e coa entidade local menor de Bembrive e percorreron algunhas das zonas afectadas, co fin de planificar as diferentes actuacións previstas.

Na reunión de traballo tamén participaron o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto. En representación da mancomunidade de Vigo asistiron responsables das comunidades de montes de Saiáns, Teis, San Miguel de Oia, Coruxo, Matamá, Valadares, Comesaña, Zamáns, Candeán, Cabral, Beade, Castrelos e da entidade local menor de Bembrive.

Leer más:  Ingresado en planta con evolución favorable el hombre apuñalado en el Orzán, en A Coruña

Así, o conselleiro do Medio Rural adiantou que só na mancomunidade de montes da cidade olívica está previsto un investimento de máis de 1,3 millóns de euros por parte do seu departamento, para intervir nunhas 670 hectáreas afectadas. As accións a desenvolver na zona, explicou José González, teñen como obxectivo que os montes sexan máis resistentes aos lumes, apostando por descontinuidades, pola plantación de frondosas e por protexelos dos terreos particulares que puidesen estar en situación de abandono. Así, levarase a cabo a eliminación de restos de madeira queimada, a restauración da vexetación e a reparación de infraestruturas forestais, entre outras actuacións.

Ademais, o conselleiro trasladou ás comunidades a importancia de traballar da man para valorar o uso social que se lle pode dar ao monte e a súa multifuncionalidade, dado o carácter periurbano dos montes de Vigo. José González explicou que a consellería habilitou xa axudas por danos de incendios e que, especificamente nesta zona da cidade olívica acadaron, tras as solicitudes presentadas, un importe que supera os 58.000 euros. Os beneficiarios destas achegas foron as comunidades de montes veciñais de Coruxo, Valadares e Matamá, que realizaron actuacións en máis de 35 hectáreas.

Leer más:  La compraventa de viviendas en Galicia aumenta un 38,4% en febrero, seis veces más que la media nacional

Trala xuntanza cos representantes das comunidades de montes, Alfonso Rueda e José González percorreron o parque forestal de Saiáns e os montes de Coruxo nos que está previsto actuar para introducir liñas de defensa pasivas, coa finalidade de lograr esas descontinuidades.

Ademais, José González lembrou que tras a vaga de lumes de 2017, o seu departamento destinou seis millóns de euros a financiar a consolidación de chans e a recuperación de zonas queimadas en toda Galicia, a través de accións directas.

Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta destacou que despois do acontecido, o Goberno galego púxose a traballar de forma inmediata e habilitou, en conxunto, axudas por valor de máis de 23 millóns de euros para os afectados.

A mancomunidadeA superficie total da mancomunidade de montes veciñais de Vigo é de case 1.600 hectáreas. A comunidade con máis hectáreas é a de Valadares, con preto de 294 hectáreas, e a de tamaño máis reducido é a de Castrelos, con algo máis de 5 hectáreas. Das 12 comunidades que a integran, sete contan con instrumento de ordenación en vigor. No resto dos casos ou ben non dispoñen desta ferramenta ou están en trámite de aprobala. 

Leer más:  Rueda reprende a la conselleira de Medio Rural por sus comentarios incendiarios: "Fueron desafortunados y se lo comenté"

- Te recomendamos -