Inicio Galicia A Xunta incorporará a transversalidade nas políticas públicas dirixidas a reverter a...

A Xunta incorporará a transversalidade nas políticas públicas dirixidas a reverter a tendencia poboacional

0

Enmárcase dentro da estratexia aprobada por unanimidade no pleno do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica

A Consellería de Política Social traballa na elaboración dunha ferramenta de carácter técnico que ten como finalidade incorporar a perspectiva demográfica no deseño e desenvolvemento das políticas públicas. Esta actuación enmárcase dentro da estratexia que en materia demográfica está a desenvolver a Xunta de Galicia, quen no seo do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica traballa intensamente no establecemento das liñas estratéxicas para xestionar o cambio demográfico, que foron aprobadas por unanimidade polo pleno deste órgano a semana pasada.

Deste xeito, a Xunta e o Observatorio coinciden na necesidade de abordar a cuestión da desde unha óptica transversal e interdisciplinar, de tal xeito que se teñan en conta máis aspectos que os estritamente demográficos, como os sociais, os políticos, culturais e económicos. Trátase de avanzar na coordinación entre os distintos departamentos autonómicos e tamén entre os diferentes axentes con incidencia neste ámbito.

Unha das vantaxes máis significativas que terá esta nova ferramenta será a posibilidade de avaliar o impacto que teñen cada unha das iniciativas que se promovan desde as administracións públicas, en especial daquelas políticas públicas que afecten ás familias, como son as sociais, educativas, de vivenda ou laborais, entre outras.

Leer más:  El PPdeG solicita a Ana Pontón que tenga "menos interés en destacar" y "más dedicación a trabajar con resultados" respecto a la AP-9

Eixes estratéxicos aprobados por unanimidadeCómpre indicar que o pleno do Observatorio vén de consensuar os eixes principais de actuación que orientarán a futura Lei de impulso demográfico que está previsto que inicie a súa tramitación parlamentaria no primeiro período de sesións do ano 2019. Algunhas destas liñas de actuación son o fomento da corresponsabilidade nos coidados da infancia e de maiores dependentes, a mellora do tránsito da educación e á formación ao mundo laboral e seguir apostando pola investigación, o desenvolvemento e a innovación.

Tamén propón actuar na promoción dunha madurez activa e na posta en valor do papel que teñen que xogar as persoas maiores na sociedade, que se teñan en conta cuestións como a dispersión territorial e o envellecemento de Galicia no reparto do financiamento autonómico e continuar co impulso de políticas activas de conciliación.

Galicia é a primeira Comunidade Autónoma en contar cun Observatorio en materia demográfica no que se está a construír de forma participativa e totalmente consensuada a resposta ao reto demográfico. A finalidade deste órgano colexiado é facilitar o coñecemento pormenorizado da realidade demográfica galega e asesorar ás administracións públicas galegas para a inclusión da perspectiva demográfica no deseño e desenvolvemento das súas políticas.

Leer más:  Juan Carlos I se marcha de Sanxenxo después de estar cinco días con amigos y familiares, realizando solo dos días de navegación

Neste sentido, constitúe un foro de diálogo permanente no que están presentes a Xunta de Galicia, a Administración do Estado, a Administración local, as organizacións sindicais con maior representación na comunidade, a Confederación de Empresarios de Galicia, o Consello Económico e Social de Galicia, as tres universidades galegas e os grupos políticos con representación no Parlamento autonómico. 


- Te recomendamos -