Inicio Galicia A Xunta destina na convocatoria deste ano mais de 850.000 euros para...

A Xunta destina na convocatoria deste ano mais de 850.000 euros para apoiar proxectos empresariais liderados por mulleres

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou esta mañá na Xornada de titorización das mulleres beneficiadas ao abeiro deste Programa


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou hoxe que o Goberno galego destina na convocatoria deste ano máis de 850.000 euros para apoiar proxectos empresariais liderados por mulleres ao abeiro do Programa Emega.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou esta maña na Xornada de titorización das mulleres beneficiadas ao abeiro do Programa Emega 2018, que nesta convocatoria axuda a 72 proxectos liderados por mulleres emprendedoras para que poidan levar a cabo as súas ideas empresariais, contribuíndo tamén á creación de novos postos de traballo, máis de 1.000 postos de traballo dende o ano 2009.

O Programa Emega naceu coa finalidade de dar apoio económico ao emprendemento feminino e á consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres. Por unha banda, o programa é unha medida integral de promoción da igualdade no eido laboral e por outra banda, inclúe accións favorecedoras da conciliación laboral e familiar, o que se traduce que dende o ano 2009, en torno a 600 proxectos capitaneados por mulleres foran beneficiarias destas axudas.

Leer más:  Prado dirigirá la campaña gallega y estaría "encantada" de que el PP cuente con Millán Mon y "algunos gallegos más"

- Te recomendamos -