Inicio Galicia A Xunta defende en Bruxelas os intereses de Galicia nas negociacións dos...

A Xunta defende en Bruxelas os intereses de Galicia nas negociacións dos orzamentos da Unión Europea para o período 2021-2027

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha xuntanza co embaixador representante permanente de España ante a UE, Pablo García-Berdoy


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse esta mañá en Bruxelas co embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Pablo García-Berdoy, onde ambos mandatarios afondaron sobre as actuais negociacións do marco financeiro plurianual 2021-2027.

O vicepresidente da Xunta reiterou a demanda de Galicia de que a política rexional a partir de 2021 axude en maior medida a facer fronte aos retos demográficos das rexións europeas. Tal e como explicou, para poder poñer en marcha políticas que axuden a combater o envellecemento e a despoboación, é precisa a implicación orzamentaria da UE, xa que as tendencias demográficas agravan as diferenzas entre rexións, ademais de dificultar a prestación de servizos públicos esenciais e o desenvolvemento de infraestruturas de calidade. Con respecto a este tema, Alfonso Rueda indicou a preocupación da comunidade fronte á posible diminución do orzamento para a Cooperación Territorial Europea a partir do 2021, xa que a Comisión Europea propón un descenso xeneralizado do cofinanciamento europeo na execución dos fondos FEDER e FSE.

Leer más:  (AM.) Rueda sitúa bajo su dirección a los delegados territoriales y renueva los de A Coruña y Ourense

Respecto ao acordo acadado onte polos 27 líderes europeos, Alfonso Rueda indicou que o peche do acordo permite que a flota galega siga pescando en augas británicas ata o 2020, cunha etapa de transición que pode chegar ata o ano 2022, o que supón certa tranquilidade para a nosa economía pero insistiu en que hai que seguir traballando polos intereses galegos e que neste debe ser un tema a tratar nas negociacións sobre as relacións futuras entre a UE e Reino Unido a partir de 2021.

Inauguración TecEuropaO vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, desprazouse despois á sede da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, onde inaugurou o programa de especialización en financiamento europeo, TecEuropa. Rueda salientou a aposta da FGE por formar técnicos especializados na presentación de proxectos europeos, así como en consolidar redes de especialistas na xestión dos fondos comunitarios de cara a atraer financiamento para as iniciativas galegas.

Os 40 participantes, seleccionados entre as 64 solicitudes recibidas, asisten a unha semana de formación en Bruxelas composta de diferentes explicacións sobre a realidade político – institucional da UE, o marco orzamentario 2014-2020 e os diferentes programas de financiamento existentes. Na presente edición trataranse con maior profundidade a Política de Cohesión e os programas Horizonte 2020 (innovación) e LIFE (medio ambiente). A saída de Reino Unido da Unión Europea, prevista para marzo de 2019, tamén dispón dun espazo no programa formativo.

Leer más:  Este miércoles en Vigo se está llevando a cabo el juicio de dos personas acusadas de defraudar más de 80.000 euros mediante la venta de equipos médicos

O programa TecEuropa enmárcase dentro dos obxectivos da FGE de formación e fomento de participación de entidades galegas en proxectos europeos. Dende a súa creación en 2015 e contando a presente edición, serán xa 145 os profesionais galegos que poidan ampliar os seus coñecementos o funcionamento da UE e os seus programas de financiamento.


- Te recomendamos -