Inicio Galicia Medio Rural destina 20,5 millóns de euros no 2019 para rematar as...

Medio Rural destina 20,5 millóns de euros no 2019 para rematar as 108 reestruturacións parcelarias abertas a día de hoxe

0

Dende que comezou a concentración parcelaria en Galicia actuouse sobre 1.025 zonas, reorganizando unhas 543.000 hectáreas de máis de 428.000 propietarios

A Consellería do Medio Rural investirá un total de 20,5 millóns de euros no vindeiro ano 2019 para pechar administrativamente as 108 reestruturacións parcelarias que, a día de hoxe, están abertas en Galicia. Así o destacou esta mañá o conselleiro José González durante unha visita á zona de Val de Camba, no Concello de Rodeiro, onde supervisou os traballos do proxecto complementario da rede de camiños principais.

O titular de Medio Rural puxo de manifesto a importancia destes procesos de reorganización do territorio, pois contribúen a incrementar a base territorial das explotacións á vez que se loita contra o abandono de terras e se minimizan os incendios forestais. González subliñou tamén que, dende que comezou a concentración parcelaria en Galicia, actuouse sobre 1.025 zonas, reorganizando unhas 543.000 hectáreas de máis de 428.000 propietarios. O conselleiro matizou que estas cifras evidencian a importancia que teñen estes procesos para a Administración galega e para o futuro dos gandeiros e agricultores, de aí que a Xunta siga investindo para rematar as zonas vivas e poder abrir novas reestruturacións que teñan interese agrario.

Leer más:  Este miércoles en Vigo se está llevando a cabo el juicio de dos personas acusadas de defraudar más de 80.000 euros mediante la venta de equipos médicos

A reestruturación de Val de Camba, no Concello de Rodeiro, está na fase de bases definitivas e neste proceso destináronse algo máis de 4,6 millóns de euros, a meirande parte para a execución de camiños principais e outras obras. A superficie a concentrar ascende a preto de 1.900 hectáreas, propiedade de 739 veciños. O conselleiro, que estivo acompañado polo director de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e o alcalde deste concello pontevedrés, Luis López, comprobou esta mañá as obras que se están executando para abrir novos camiños principais que non se puideron executar na primeira fase.

Mercado dos PendellosAproveitando a súa visita á comarca do Deza, o conselleiro do Medio Rural achegarase ao Concello de Agolada para coñecer o Mercado dos Pendellos, acompañado polo alcalde do municipio, Ramiro Varela. Alí, comprobará os traballos de restauración que se están executando a través dun proxecto senlleiro da consellería.

A iniciativa consiste no acondicionamento exterior e interior dun destes pendellos, co fin de dotalo dunha cociña tradicional galega e comunicalo, dende o seu interior, co pendello anexo que fai de comedor. As obras, que deberán estar rematadas a finais deste mes de novembro, están financiadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) mediante unha achega de 40.000 euros que cobren a totalidade dos gastos.

Leer más:  El alcalde de Rois (A Coruña) sugiere que el fuego fue intencional: "Casi todos los años se repite en la misma área"

Esta liña de apoio ao desenvolvemento rural, que se centra no impulso de proxectos senlleiros, ten como finalidade defender e promocionar os valores culturais de Galicia, actuando no fomento e promoción da cultura e na protección, conservación e difusión do patrimonio cultural e rural da nosa comunidade. Este ano 2018 está dotada cun millón de euros co fin de realizar 16 iniciativas en diferentes puntos de Galicia.


- Te recomendamos -