Inicio Galicia A Xunta contrata a obra para crear o novo centro ocupacional e...

A Xunta contrata a obra para crear o novo centro ocupacional e residencial de persoas con discapacidade en Monforte

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explica que a Consellería de Política Social destina para este fin 240.000 euros Os traballos consistirán na remodelación e adaptación aos novos usos asistenciais dun baixo no edificio do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos (CFEAM) 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería de Política Social pola que se fai publica a formalización do contrato de obras para a reforma dun baixo no edificio do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos (CFEAM), e creación neste espazo dun centro ocupacional e residencial para persoas con discapacidade.

A administración autonómica destina para este fin preto de 240.000 euros que permitirán desenvolver as obras de adaptación necesarias para dar este novo uso social e asistencial a un espazo de 856 metros cadrados de superficie, emprazado na antiga Escola Agraria (rúa Alfredo Brañas) que na actualidade non estaba en uso.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, puxo en valor este novo paso xa que se trata dunha obra moi demandada e agardada na comarca, sobre todo polas familias vinculadas ao centro de educación especial Infanta Elena, xa que logo unha vez rematen as obras dotarase á cidade dun centro de continuidade onde as persoas con discapacidade reciban as atencións e coidados precisos ao rematar a súa escolarización. 

Leer más:  Reescritura: "Se investigan los menús de los comedores escolares de Ames (A Coruña) después de un brote de gastroenteritis que afectó a alrededor de 60 personas"

- Te recomendamos -