Inicio Galicia A Xunta constitúe as mesas do diálogo social transfronteirizo nos sectores do...

A Xunta constitúe as mesas do diálogo social transfronteirizo nos sectores do téxtil e da industria 4.0

0

A iniciativa enmárcase no proxecto europeo Gemcat que lidera Galicia xunto con Portugal, Castela e León e Estremadura para xerar un emprego transfronteirizo de calidade

A Xunta vén de presidir a constitución das mesas do diálogo social transfronteirizo nos sectores téxtil e da Industria 4.0, unha actuación que forma parte do proxecto europeo Gemcat que lidera a Xunta e que cun orzamento de preto de 1,4 millóns de euros, repartido entre seis socios, ten como principal obxectivo a creación dun marco favorable para a xeración de emprego transfronteirizo de calidade. A iniciativa confinánciase a través do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (Poctep) participado tamén por Portugal -a través da Universidade do Porto e CIM Alto Minho- Castela e León e Estremadura.

As mesas de diálogo social constituídas congregaron a representantes sindicais, confederacións empresariais, autoridades laborais e socios de proxecto co obxectivo de abordar os temas de actualidade nos sectores téxtil e da Industria 4.0 no eixe transfronteirizo.

En concreto, as mesas, presididas pola secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, contaron coa participación, pola parte galega, de representantes da Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UXT Galicia); CCOO de Galicia; a Confederación Intersindical Galega (CIG); e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). Pola parte lusa, asistiron membros da Autoridade para as Condições de Trabalho; o Instituto de Formaçao Profissional (IFP); a Associação Empresarial de Portugal (AEP); a Confederação Empresarial do Alto Minho (CEVAL); a União de Sindicatos do Porto (CGTP); e polos socios do proxecto, a Universidade do Porto e CIM Alto Minho.

Leer más:  Ana Miranda (BNG) aboga por la implementación de un Estatuto Europeo del Artista

A mesa do sector téxtil centrouse principalmente na avaliación do documento inicial de análise e propostas deste sector, co obxectivo de establecer un novo marco ou espazo de diálogo social como elemento imprescindible para consolidar a integración laboral na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A finalidade do documento é adaptar á nova realidade o mercado laboral desta zona e conseguir unha normalización e integración máis efectiva.

A segunda mesa debateu sobre a Industria 4.0 como chave para a mellora da competitividade da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal. No transcurso das reunións, subliñouse a importancia do papel da Administración de ambas as rexións como determinante para concentrar recursos económicos e humanos, e regular e coordinar actuacións con un mesmo obxectivo: que este proceso de cambio tecnolóxico, dixital e produtivo xere un emprego de calidade, baseado na igualdade e na cohesión social e territorial.

No marco desta iniciativa, a Xunta está a traballar no deseño dun Foro anual de diálogo social transfronteirizo para a análise e intercambio de experiencias dos proceso de diálogo que se desenvolvan nas outras rexións que participan no proxecto. Así, en Estremadura e Braga as mesas céntranse no sector agropecuario e en Castela León e CIM Alto Minho no ámbito da automoción.

Leer más:  La Xunta amplía desde hoy las rutas de autobús entre Vigo y el aeropuerto de Santiago

Bases do proxecto GemcatA Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Secretaría Xeral de Emprego, consciente dos retos aos que se enfronta o mercado laboral, decidiu impulsar e liderar unha iniciativa conxunta para crear un emprego de calidade na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Así naceu o proxecto denominado GEMCAT (Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo) co que se busca mellorar a capacidade institucional das autoridades públicas e outras partes interesadas, como os axentes sociais, na mellora da eficiencia das políticas públicas de estímulo para a creación e mantemento dun emprego de calidade.

Preténdese desta forma construír un marco de cooperación institucional que achegue resultados concretos e melloras tanxibles no mercado laboral transfronteirizo entre España e Portugal, a través do traballo conxunto e o intercambio de experiencias entre as comunidades autónomas que participan no proxecto e as rexións do norte de Portugal.

O proxecto Gemcat inclúe tamén actuacións para impulsar a Responsabilidade Social Empresarial (RSE) e o crecemento demográfico, a conciliación e a igualdade de oportunidades.  


- Te recomendamos -