Inicio Galicia A biblioteca de Lugo acolle a exposición ?María Victoria Moreno. Paisaxes e...

A biblioteca de Lugo acolle a exposición ?María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes?

0

A mostra, na que participan oito ilustradoras e ilustradores galegos baixo a coordinación de David Pintor, poderá visitarse no centro lucense ata o 26 de xuño


A Biblioteca Pública de Lugo acolle a exposición central das Letras Galegas 2018, que afonda no universo literario de María Victoria Moreno a través de ilustracións realizadas sobre oito obras da autora. María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes é o título do proxecto expositivo, promovido pola Consellería de Cultura e Educación baixo a coordinación do humorista gráfico, pintor e ilustrador David Pintor.

Logo de percorrer a capital de Galicia, Pontevedra e mais A Coruña, a mostra chega a Lugo para difundir entre a cidadanía o legado literario de María Victoria Moreno. Para iso, exhíbense oito paneis con ilustracións dos personaxes principais e dos escenarios de oito dos seus libros, que foron creadas para a ocasión por outros tantos ilustradores e ilustradoras galegos: Nuria Díaz, Lucía Cobo, Xan López Domínguez, Jacobo F. Serrano, Jacobo Muñiz, Mari Fe Quesada, Bea Lema e Dani Padrón.

Oito obras en imaxesImpulsada polas secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, xunto co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, a mostra xira arredor das obras O cataventos, A festa no faiado, Anagnórise, Mar adiante, Un cachiño de bica, Guedellas de seda e liño, Leonardo e os fontaneiros e A brétema. Ademais, contén tres paneis biobibliográficos e dúas vitrinas nas que se ofrece unha escolma de obxectos persoais da escritora, como a súa primeira máquina de escribir, unhas lentes que levou durante anos, o manuscrito da obra O cataventos e diversos libros que lle foron dedicados á autora por escritoras e escritores amigos seus, como Xesús Alonso Montero, Fina Casalderrey, Fiz Vergara Vilariño ou Ursula Heinze.

Leer más:  Este miércoles en Vigo se está llevando a cabo el juicio de dos personas acusadas de defraudar más de 80.000 euros mediante la venta de equipos médicos

A exposición acompáñase dun cuadríptico, que está accesible en liña en https://www.cultura.gal/sites/default/files/documents/destaques/cuadriptico_expo_letras_galegas_2018.pdfLogo do seu paso por Lugo, a exposición percorrerá ata final de ano os concellos de Vigo, Ferrol, Ordes, Sanxenxo, Vilalba, Ourense e Celanova.

Un faro da literatura galega infantil e xuvenilLicenciada en Filoloxía Románica, María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005) chegou a Galicia no ano 1963 como profesora. Unha década máis tarde, en 1973, publica Mar adiante, considerada unha das obras pioneiras da literatura infantil galega. Ata o seu pasamento, a escritora estivo comprometida co ensino da lingua e da cultura galegas. Cultivou a narrativa –nomeadamente a infantil e xuvenil (LIX)–, o ensaio, a poesía, os estudos literarios e a didáctica da lingua e da literatura galegas.  


- Te recomendamos -