Inicio Galicia Xunta e Agafac elaboran un estudo sobre a alimentación animal que permitirá...

Xunta e Agafac elaboran un estudo sobre a alimentación animal que permitirá definir liñas de mellora e seguir acadando producións saudables

0

Subliña que Galicia é a maior produtora nacional de pensos para bovino, con máis de 1,3 millóns de toneladas; “e na produción galega atopamos o 18% da produción de penso ecolóxico”, di

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a Administración autonómica e Agafac están a colaborar nun estudo sectorial sobre alimentación animal, que permitirá definir liñas de mellora e seguir acadando producións saudables. Unha radiografía completa e axeitada para responder xuntos aos novos retos do sector e seguir apostando por unha alimentación animal segura e de calidade, explicou.

Nesta liña, e durante a celebración do 40 aniversario da Asociación Gallega de Fabricantes de Alimentos Compuestos (Agafac), Feijóo referiuse aos proxectos postos en marcha de cara a seguir innovando e apostando pola seguridade, entre os que destacou: o sistema informático de rexistro de establecemento na alimentación animal da Administración central; ou a Fundación Instituto Tecnolóxico do Penso, unha entidade independente sen ánimo de lucro para a mellora cuantitativa e cualitativa do agro galego.

Así mesmo, destacou o programa de seguridade alimentaria Galis Galicia Alimentos Seguros, unha iniciativa elaborada por Agafac e adaptada á realidade galega, á que están subscritas 55 fábricas, é dicir, o 96% do total do penso producido na Comunidade. Ademais da colaboración a través dun convenio asinado entre Xunta e Agafac, en 2015, para o desenvolvemento de medidas que minimicen a contaminación cruzada nas fábricas.

Leer más:  La compraventa de viviendas en Galicia aumenta un 38,4% en febrero, seis veces más que la media nacional

Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta recordou que Galicia é a quinta comunidade que máis penso produce, chegando en 2017 aos máis de 2,8 millóns de toneladas de pensos destinados a animais de abastos, un 8,36% do total nacional.

No que se refire á produción de pensos para bovino, a Comunidade galega é a maior produtora nacional, con máis de 1,3 millóns de toneladas, un volume que supón o 17,07% do total do Estado. “E, ademais, na produción galega atopamos o 18% da produción de penso ecolóxico a nivel nacional”, dixo, ao que engadiu que nas cinco empresas galegas que producen o 50% do total da Comunidade dan traballo a máis de 1.423 persoas.

O responsable do Executivo autonómico aproveitou o acto para reeditar o compromiso do Goberno galego cun rural forte, reflectido en iniciativas como: impostos cero no rural, do que xa se beneficiaron máis de 40.000 galegos; a Lei de fomento da mobilización da terra produtiva de Galicia, un novo mecanismo que potenciará a actividade agrícola. “E seguiremos fomentando a remuda xeracional”, asegurou, resaltando que, entre 2016 e 2017 incorporáronse á actividade agraria 1.084 mozos. Feijóo concluíu destacando a traxectoria da Asociación Gallega de Fabricantes de Alimentos Compuestos e o traballo desenvolvido nestes 40 anos a prol da unidade do sector, para avaliar os problemas comúns da industria e para crear servizos técnicos e económicos para a asociación.

Leer más:  El incendio forestal de Cabanas (A Coruña) que afectó a 2,4 hectáreas ha sido extinguido

- Te recomendamos -