Inicio Galicia Un total de 340 profesionais licenciados sanitarios incorpóranse ao destino definitivo obtido...

Un total de 340 profesionais licenciados sanitarios incorpóranse ao destino definitivo obtido no primeiro concurso de traslados aberto e permanente do Sergas

0

Obtiveron destino neste proceso o 63,79% das persoas participantes

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, unha Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario licenciado sanitario de atención primaria: médico de familia, pediatra, farmacéutico e odontólogo.

Incorpóranse ao destino definitivo neste primeiro concurso de traslados aberto e permanente do Sergas un total de 340 profesionais licenciados sanitarios, o que representa o 63,79% das persoas participantes.

O concurso aberto e permanente ten como finalidade facer efectivo e máis accesible o dereito á mobilidade do persoal estatutario fixo de diversas categorías de persoal estatutario.

As listas coas puntuacións e destinos definitivos asignados atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Sergas (www.sergas.es). Ademais, os aspirantes poden consultar desde hoxe, no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e) o resultado da súa baremación no concurso e o destino definitivo asignado.

Leer más:  Sartorius pide "actuar de manera proactiva" frente a la operación de "hostigamiento" a "la democracia" y confía en que Sánchez "resista"

Está previsto que neste mes de outubro se incorporen aos destinos definitivos obtidos neste concurso os profesionais das categorías de diplomado sanitario, sanitario de formación profesional e xestión e servizos.

PrazosA toma de posesión da nova praza debe efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde, no prazo de quince días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde.

Coa resolución deste proceso dáse cumprimento ao compromiso deste departamento sanitario de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar dos seus profesionais, permitíndolles optar a novos destinos, dunha forma áxil, sen suxeición a prazos, mediante o emprego de medios telemáticos e cunha maior periodicidade na adxudicación de destinos. 


- Te recomendamos -