Inicio Galicia Rosa Quintana anima ás mulleres do mar a seguir traballando unidas para...

Rosa Quintana anima ás mulleres do mar a seguir traballando unidas para impulsar a súa capacitación profesional

0

Fixo balance dos logros acadados como a visibilidade da importancia do papel da muller e a súa contribución no sector e o impulso do asociacionismo feminino e do emprendemento feminino 


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, puxo de relevo hoxe en Santiago a evolución da visibilidade da muller no mundo do mar e apelou a seguir traballando unidas para impulsar a capacitación profesional das mulleres, como as habilidades sociais, directivas ou as aptitudes empresariais ou tecnolóxicas. Tamén, engadiu, para adoptar medidas máis eficaces que eviten a discriminación e que garantan que as mulleres poidan desfrutar do mesmo salario e dos mesmos dereitos, prestacións e seguros que un home.

Así o sinalou durante a clausura da I Conferencia Internacional de Mulleres da Pesca, onde estivo acompaña pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez. Alí tamén enxalzou a presenza da muller no mundo do mar. No caso de Galicia, especificou, “moi maioritaria nos sectores marisqueiro, redeiro ou conserveiro, aínda que escasa, pero crecente nos cadros directivos empresariais e na pesca extractiva”.

Leer más:  Este miércoles en Vigo se está llevando a cabo el juicio de dos personas acusadas de defraudar más de 80.000 euros mediante la venta de equipos médicos

Neste sentido puxo como exemplo o caso da profesionalización das mariscadoras ou das redeiras, “dous sectores nos que a muller pasou da invisibilidade ao recoñecemento, da desorganización á coxestión e do descoñecemento social ao diálogo entre a cidadanía e os poderes públicos”, explicou. Ademais aproveitou para recoñecer o labor “de moitas mulleres que no mundo da pesca foron pioneiras e que loitaron por ocupar un sitio e por liderar un cambio socialmente responsable pensando nas que virán mañá”.

A conselleira tamén aproveitou para facer balance dos logros acadados como a visibilidade da importancia do papel da muller e a súa contribución no sector, o reforzo da súa participación nos órganos consultivos, decisorios e representativos. Tamén o fomento do asociacionismo e do emprendemento feminino.

En relación á I Conferencia Internacional de Mulleres da Pesca, a titular de Mar sinalou que simboliza o avance do papel da muller na pesca e a progresión do sector. Ademais este encontro, engadiu, “serviu para analizar os logros acadados, froito da capacidade feminina de superación e para determinar novos retos”. A maiores, puxo este encontro como exemplo do que é capaz de conseguir o sector cando traballa en coordinación coas administracións e as entidades vinculadas á igualdade de oportunidades.  

Leer más:  Se aprueba la gratuidad de las primeras matrículas universitarias, la primera promesa electoral de Rueda durante su campaña

- Te recomendamos -