Inicio Galicia Román Rodríguez anuncia un investimento de 3 millóns de euros para o...

Román Rodríguez anuncia un investimento de 3 millóns de euros para o acondicionamento e sinalización da Vía da Prata

0

O conselleiro de Cultura e Turismo reuniuse hoxe cos alcaldes deste itinerario para avanzar no proxecto de actuación integral que se executará en 2019


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reuniuse hoxe cos alcaldes dos concellos da Vía da Prata, ante quen avanzou o proxecto de actuación integral que o seu departamento levará a cabo o vindeiro ano 2019 neste itinerario xacobeo, o de maior extensión na Comunidade galega. Co fin de impulsar o seu acondicionamento, mellora e sinalización, investiranse 3 millóns de euros que permitirán que esta ruta chegue nun estado óptimo á celebración do Xacobeo 21.

O obxectivo da xuntanza mantida foi informar das liñas xerais de traballo, toda vez que se está a ultimar a redacción do proxecto de intervención. Unha vez rematado, será remitido a cada un dos concellos da Vía da Prata –máis dunha trintena repartidos polas provincias de Ourense, Pontevedra e A Coruña– para poder ter en conta as súas posibles observacións.

Como manifestou o conselleiro, deste xeito séguese a avanzar nos compromisos do Plan Director do Camiño de Santiago, que dedica 2019 á Vía da Prata dentro do calendario da preparación do vindeiro Ano Santo. Neste sentido, anticipou tamén toda unha serie de accións de dinamización e promoción que percorrerán a totalidade deste itinerario e que se engaden aos diferentes investimentos dedicados no último lustro ao coidado desta ruta.

Leer más:  La compraventa de viviendas en Galicia aumenta un 38,4% en febrero, seis veces más que la media nacional

Grazas a esta atención permanente interveuse sempre que foi preciso na adecuación de tramos danados e na reforma da rede pública de albergues, que se continúa ampliando. De feito, entre as actuacións concluídas atópase o novo albergue de Ourense, situado no casco vello e listo para a súa apertura, o que suporá unha mellora substancial na acollida prestada aos peregrinos a través dun inmoble histórico que foi rehabilitado con esta finalidade.

Melloras no albergue de Bendoiro (Lalín)Dáse así continuidade ás iniciativas desenvolvidas neste tempo nos albergues da Bandeira (Silleda), A Gudiña, Faramello (Teo), Cea, Xinzo de Limia, Riós, Verín, Vilar de Barrio, Vedra ou Sandiás. Así mesmo, a primeira edición do premio Galicia Parabéns recaeu tamén na Vía da Prata, ao recoñecer as tarefas de embelecemento impulsadas polo Concello de Boqueixón arredor do Pico Sacro, un dos referentes simbólicos da peregrinación xacobea.

Neste liña, está prevista a inminente intervención no albergue de Bendoiro, en Lalín, cuxa reparación foi contratada por un importe superior aos 250.000 euros. Este investimento permitirá actuar sobre as patoloxías que viña arrastrando e que causaban especial deterioro en distintas partes da estrutura, as cubertas, carpinterías, fachadas e terrazas.

Leer más:  Se aprueba la gratuidad de las primeras matrículas universitarias, la primera promesa electoral de Rueda durante su campaña

Recoñecemento da Federación Hípica EspañolaAsí mesmo, está previsto o acondicionamento ou construción dun albergue ao longo da Vía da Prata para dar reposta ás necesidades dos peregrinos á cabalo, unha das opcións que permiten obter a Compostela. Ao respecto, cómpre ter en conta que, desde a aprobación do Plan Director do Camiño de Santiago, a Xunta de Galicia vén traballando na especialización da Vía da Prata como itinerario preferentemente especializado nesta modalidade.

Xa en 2017 o Goberno autonómico logrou que a Federación Hípica Española procedese a incorporar ao Rexistro de Itinerarios (co código IE-016) o tramo A Gudiña-Santiago de Compostela do Camiño de Santiago como itinerario ecuestre. Unha vez incluído, levouse a cabo a súa correspondente sinalización cun investimento superior aos 48.000 euros.

Do mesmo xeito, no Parque Monte do Gozo executouse un centro de acollida para peregrinos a cabalo, cuxo servizo de atención vén de ser licitado este mesmo mes.

Marxe de crecementoA Vía da Prata mantén nos últimos anos unha afluencia constante de peregrinos que a leva a superar os 9.000, cunha importante marxe de crecemento por diante. O 60% deles son españois, malia que tamén destacan outras nacionalidades como portugueses, alemáns, italianos, franceses, estadounidense, británicos, holandeses e belgas.

Leer más:  Rueda reprende a la conselleira de Medio Rural por sus comentarios incendiarios: "Fueron desafortunados y se lo comenté"

Na actualidade, a rede pública de albergues dependente da Consellería de Cultura e Turismo conta con 13 albergues e máis de 400 prazas. Nos últimos anos, a S. A. de Xestión do Plan Xacobeo asumiu a xestión directa dalgúns deles que foron cedidos polos concellos.

As actuacións previstas na Vía da Prata para 2019 amplían o alcance das xa realizadas no Camiño Francés en 2015, no Camiño do Norte e o Camiño Primitivo en 2016, no Camiño Inglés e no Camiño de Fisterra e Muxía en 2017 e no Camiño Portugués e no Camiño Portugués da Costa en 2018. A programación completarase en 2020, a tempo para o Xacobeo 21, coa actuación no Camiño de Inverno e na Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla. 


- Te recomendamos -