Inicio Galicia Redecinema leva cine en galego a Moraña, Abegondo, Xove, Triacastela, O Rosal,...

Redecinema leva cine en galego a Moraña, Abegondo, Xove, Triacastela, O Rosal, Boborás e Tomiño

0

Os sete concellos integrados na Rede de Dinamización Lingüística acollen as proxeccións en formato de gran pantalla de cinema en exterior desde hoxe ata o domingo


Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2018.- O programa de dinamización lingüística Redecinema, que impulsa a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta, leva desde hoxe ata o domingo os filmes ‘Sinbad’ e ‘Pérez, o ratiño dos teus soños’ a sete concellos galegos: Moraña, Abegondo, Xove, Triacastela, O Rosal, Boborás e Tomiño. As proxeccións enmárcanse na terceira edición do proxecto promovido desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura e mais da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), que inclúe ademais outros tres títulos de (co)produción galega e en galego: O Apóstolo, Mimosas e Engurras.

O filme ‘Sinbad’ poderá verse hoxe, xoves, ás 20:30 horas, no patio da Casa da Cultura de Moraña (no interior, en caso de choiva); e mañá, venres, ás 21:00 horas, no Campo da Feira de Abegondo (no centro cultural O Salón, en caso de choiva). A película, dirixida por Antón Dobao, está baseada na coñecida novela de Álvaro Cunqueiro Se o vello Sinbad volvese ás illas. Pola longametraxe desfilan coñecidos actores e actrices galegas: Xosé Manuel Olveira “Pico”, Sara Casasnovas, Mela Casal, ‘Morris’, Luís Zahera…

Leer más:  El PSdeG propone a Luis Lago Lage para Organización, en una ejecutiva en la que Carmela Silva continúa como presidenta

O segundo dos filmes que se poderán ver esta fin de semana é ‘Pérez, o ratiño dos teus soños’, que mereceu en 2006 o Premio Goya ao mellor filme de animación. Proxectarase este venres, ás 22:00 horas, na Praza do Concello de Xove (en caso de choiva, no Pavillón Municipal). O sábado estará en Triacastela (Pavillón do CEIP Eduardo Cela, 19:00 horas) e no Rosal (Auditorio Municipal, 22:00 horas). Por último, o domingo ás 19:00 horas proxectarase en Boborás (Saleta-Astureses) e, ás 20:00 horas, na Praza do Seixo de Tomiño. En todos os pases a entrada é libre e de balde ata completar a capacidade dos espazos programados.

Proxeccións en 15 concellosRedecinema é un programa de dinamización lingüística que desenvolve os obxectivos do Plan xeral de normalización da lingua galega centrados na promoción da creatividade con base en galego e no aumento da oferta de produtos de cultura e de ocio no idioma propio de Galicia que chegará nesta edición aos concellos de Ribeira, Cerceda, Carral, Abegondo e A Baña na provincia da Coruña; Sober, Monforte, Xove e Triacastela, en Lugo; Ribadavia e Boborás, en Ourense e mais Rodeiro, Moraña, O Rosal e Tomiño en Pontevedra. O calendario de proxeccións está dispoñible no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal/redecinema) e mais na Axenda de Cultura de Galicia.

Leer más:  La ejecutiva que acompañará a Besteiro al frente del PSdeG ha sido aprobada con el 83,7% de los votos

A iniciativa persegue promover o uso do galego nas actividades lúdicas e de lecer; visibilizar a acción dinamizadora en lugares abertos e públicos; potenciar creadores e dinamizadores galegos e favorecer a incorporación da nosa lingua á programación das actividades para o verán realizadas polos concellos, ademais de apoiar e promover a industria cultural, nomeadamente a audiovisual galega e en galego.

Rede de Dinamización LingüísticaOs destinatarios do programa Redecinema son os concellos pertencentes á RDL, un proxecto compartido entre a Administración autonómica e local, no que tamén participan preto doutras 200 entidades que redundan na promoción do uso social do idioma propio de Galicia, co que se busca impulsar e reforzar as iniciativas de difusión do galego desde o ámbito local. Os seus principais obxectivos son os de promover a cooperación e a coordinación das actuacións en materia de dinamización lingüística e optimizar os recursos dispoñibles para levala adiante.


- Te recomendamos -