Inicio Galicia Política Lingüística e Consello da Cultura analizan a importancia das tecnoloxías da...

Política Lingüística e Consello da Cultura analizan a importancia das tecnoloxías da fala

0

Valentín García participou esta mañá na inauguración da xornada As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega organizada pola Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello coa colaboración do seu departamento


Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2018.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na apertura da xornada As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega, que se celebra hoxe ao longo de todo o día na sede do Consello da Cultura Galega (CCG). A xornada, organizada pola Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CCG coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, aborda a importancia e a situación dunhas ferramentas que facilitan que a comunicación entre persoas estea por riba das barreiras idiomáticas.

Valentín García lembrou “que unha lingua de presente e de futuro coma o galego ten que participar dos avances que se producen no terreo das tecnoloxías da fala para que unhas ferramentas pensadas para facilitar a inclusión e a comunicación non se convertan en ferramentas de exclusión”. Neste sentido, o secretario xeral avogou “por traballarmos sen descanso desde a Administración, desde o ámbito da investigación, desde as empresas… para producir recursos e aplicacións que reduzan a nada a fenda dixital”.

Leer más:  Rueda no se opondrá a la decisión del PP de Pontevedra de recuperar al edil de A Illa condenado

Acompañaron o secretario xeral na presentación desta xornada Rosario Álvarez, presidenta do CCG, e Carmen García Mateo, coordinadora do encontro.

Transcrición voz-texto e procesamento da linguaxe naturalOs obxectivos da xornada As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega son mostrar o estado da cuestión en dous aspectos relevantes das tecnoloxías lingüísticas: o campo da transcrición automática de voz a texto, como elemento fundamental para mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade auditiva aos contidos audiovisuais, e o campo da tecnoloxía do procesamento de linguaxe natural como axente facilitador de medios en galego.

Para iso, ao longo da mañá abordaranse as seccións “Accesibilidade” (coa intervención de Lourdes Lorenzo, do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, e de Francisco Armero Real, director da Área de Accesibilidade de TVE) e “Estado da tecnoloxía de subtitulado”, coas análises de Belén Ruiz Mezcúa, directora do Centro Español del Subtitulado y la Audiodescripción, Pablo Romero-Fresco, director do observatorio galego de accesibilidade aos medios GALMA, e Artantza del Pozo, directora do Departamento de Tecnologías del Habla y del Lenguaje Natural de Vicomtech. Pola tarde será a quenda de José Ramón Pichel, de Imaxín Software, que falará de “As tecnoloxías da linguaxe como facilitadoras de medios en galego”; de Pedro J. Moreno, de Google Research, que se referirá ao “Desenvolvemento de sistemas de recoñecemento de fala multilingües” e explicará “por que Google desenvolve tecnoloxía en galego”; e de Carmen García Mateo, directora do Grupo de Tecnoloxías Multimedia da Universidade de Vigo, quen presentará unha “Panorámica de ferramentas e corpora de tecnoloxía de fala en galego” e fará unha reflexión sobre futuras liñas a seguir. 

Leer más:  Galicia no registra la presencia del mosquito tigre, pero se espera su aparición debido a las altas temperaturas

- Te recomendamos -