Inicio Galicia A Xunta reitera o apoio ás persoas dependentes e con discapacidade na...

A Xunta reitera o apoio ás persoas dependentes e con discapacidade na área de Vigo

0

A Administración autonómica inviste nestes tres centros máis de 25 millóns de euros e oferta un total de 762 prazas

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, realizou esta mañá unha rolda de visitas a diversos centros que prestan atención a persoas en situación de dependencia e discapacidade na área de Vigo como o fogar San Rafael, o complexo residencial da cidade olívica e o CAPD de Redondela.

Na súa primeira parada, o director xeral visitou o fogar San Rafael, un centro de atención a persoas con discapacidade intelectual no que tamén se prestan servizos de rehabilitación. A Xunta de Galicia concerta 102 prazas na residencia de adultos e outras 86 prazas no centro ocupacional. No 2018, a Administración autonómica achega preto de 1,8 millóns de euros para o financiamento das mesmas.

De la Campa tivo a oportunidade de coñecer de primeira man os servizos que alí se prestan e que están encamiñados a atender de xeito integral ás persoas con discapacidade intelectual, fomentando o seu desenvolvemento persoal, social e laboral mediante as modalidades de intervención oportunas e ofrecéndolles servizos específicos nas áreas educativa, ocupacional e residencial.

Leer más:  Sartorius pide "actuar de manera proactiva" frente a la operación de "hostigamiento" a "la democracia" y confía en que Sánchez "resista"

Tras visitar o fogar San Rafael, Ildefonso de la Campa trasladouse ao complexo residencial de atención a persoas dependentes de Vigo, unhas instalacións de titularidade autonómica que ofrece atención personalizada a maiores en situación de dependencia. A Xunta de Galicia pon a disposición deste colectivo 454 prazas e neste 2018 inviste unha cantidade de 15,8 millóns de euros para garantir o correcto funcionamento do centro.

Por último, o director xeral visitou o CAPD de Redondela que ofrece servizo residencial a persoas con discapacidade gravemente afectadas. Do mesmo xeito que o complexo de atención a dependentes de Vigo, estas instalacións tamén son de titularidade da Xunta de Galicia que tamén se encarga da súa xestión. Deste xeito, a administración autonómica destinou 7,4 millóns de euros destinados ao mantemento das 120 prazas residenciais que se ofrecen no CAPD.

Durante estas visitas, o titular do departamento autonómico destacou o compromiso da Xunta no apoio ás persoas con discapacidade, xa que “non se trata de persoas diferentes, senón de persoas con distintas capacidades que poden achegar moito á sociedade e das que temos moito que aprender”, asegurou. Neste sentido, engadiu, as administracións e a sociedade en xeral deben abordar a discapacidade desde a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a accesibilidade universal e a acción positiva. Así mesmo, reivindicou ás persoas maiores como un dos principais activos que ten Galicia.

Leer más:  Prado dirigirá la campaña gallega y estaría "encantada" de que el PP cuente con Millán Mon y "algunos gallegos más"

Froito do compromiso da Xunta de Galicia con ambos colectivos, cómpre destacar o progresivo crecemento do orzamento no eido dos maiores e as persoas con discapacidade, que este 2018 conta con preto de 413 millóns de euros, o que supón un incremento do 10% con respecto ao ano pasado (no que se destinaron 375,6 millóns de euros) e do 50% co montante destinado a esta área no 2009.


- Te recomendamos -