Inicio Galicia Ovidio Rodeiro visita o centro de formación municipal no que a Xunta...

Ovidio Rodeiro visita o centro de formación municipal no que a Xunta impartirá cursos de FP de electricidade e hostalería

0

O delegado territorial da Xunta e o alcalde de Arteixo visitaron o Centro de Formación Municipal no que este ano se impartirán cursos de FP de electricidade e hostalería grazas á colaboración entre ambas administracións


O delegado territorial da Xunta e o alcalde de Arteixo visitaron esta mañá o Centro Tecnolóxico de Formación Municipal no que se impartirán ciclos de FP de electricidade e hostalería grazas ao convenio asinado, o pasado ano, para permitir que ciclos formativos de FP, que dependen do IES de Sabón, se poidan ofertar no centro de formación municipal. A través deste acordo o Concello asume os gastos de mantemento e equipamento e Xunta aporta o persoal docente e o material didáctico para poder impartir estas novas clases.

Segundo explicou, Ovidio Rodeiro, “tanto as FP de hostalería como a de electricidade contan con 20 prazas.cada unha”. O representante autonómico lembrou que isto é posible grazas ao acordo entre o Concello e Xunta e grazas ao esforzo que dende o goberno local se fixo para levar a cabo a reforma do centro de formación por un importe de 149.000 euros. A obra consistiu na construción dunha nova planta aproveitando o espazo xa existente no edificio para habilitar tres aulas polivalentes e unha sala de reunións”.

Leer más:  El Sergas ha sido condenado a pagar 300.000 euros a una paciente que quedó en silla de ruedas después de una cirugía en Ourense

FP comarcaO representante do Goberno Autonómico explicou que este ano se ofertan nos centros de FP da cidade da Coruña e da súa comarca 13 novos ciclos que contarán con 222 prazas.

Na provincia da Coruña a oferta de novos ciclos chega ata os 30 con 523 prazas. Cómpre lembrar que este ano, entre primeiro e segundo ciclo, hai máis de 51.000 matriculados en ensinanzas de FP en Galicia.

A oferta que tamén avanza na cidade e área da Coruña é a implantación da FP dual xa que se ofertarán 11 ciclos deste tipo de formación con 178 prazas.

Esta oferta avanza na implantación da FP Dual, unha das apostas do departamento educativo da Xunta de Galicia para impulsar a empregabilidade dos titulados e para axustar a formación profesional ás necesidades dos sectores produtivos. Amplíase ademais a oferta en ciclos en réxime ordinario e de adultos con importante demanda de emprego. Neste sentido cómpre sinalar que o motivo mesmo de modificar a oferta de ciclos para cada curso vén derivado da necesidade de dar resposta ao tecido socio-produtivo de cada comarca e á demanda de titulados que solicitan as empresas, o que redunda nunha maior facilidade para que o alumnado da FP galega acceda a un posto de traballo ao rematar os seus estudos. 

Leer más:  El caballero se alegra de que Sánchez haya "arrinconado" a los calumniadores y cree que ya no será posible calumniar "sin consecuencias"

- Te recomendamos -