Inicio Galicia A Xunta participará no II Congreso Nacional de Formadores que se celebrará...

A Xunta participará no II Congreso Nacional de Formadores que se celebrará os días 5 e 6 de outubro na Cidade da Cultura

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, asistiu hoxe á presentación do evento que organiza a asociación sen ánimo de lucro Trainers for the Future


Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2018.- O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participou hoxe en Santiago na presentación do II Congreso Nacional de Formadores que se celebrará na Cidade da Cultura os días 5 e 6 de outubro.

O evento, que organiza a asociación sen ánimo de lucro Trainers for the Future, e co que colabora a Xunta, está dirixido a profesionais e docentes que imparten formación para o emprego. O obxectivo da cita é dar a coñecer as novidades do sector da formación, crear novas relacións entre os participantes e, en definitiva, facilitar aos participantes manterse actualizados e conectados co mundo da formación para o emprego coñecendo a súa evolución. Para iso, desenvolveranse 22 actividades (talleres, debates e conferencias) e haberá 30 relatores (formadores freelance e por conta allea, representantes da Administración, da Universidade, empresarios da formación, provedores de tecnoloxía para o sector e membros de startups e centros tecnolóxicos).

Leer más:  BNG acusa a la Xunta de crear un centro Frankestein en Vigo al mezclar dependientes y personas con trastornos

Marnotes, que participará no Congreso nun dos relatorios, destacou na presentación que a formación para o emprego é clave para incrementar as oportunidades laborais e dar, polo tanto, un pulo á economía.

Sinalou a importancia da colaboración institucional neste eido indicando que para que calquera rexión poda ter un futuro os traballadores necesitan estar formados, un proceso que ten que ser continuo. “É o principal capital no que temos que traballar, a formación, para que se abran novas oportunidades”, engadiu.

O director xeral, ademais, puxo en valor a aposta da Xunta por atender os perfís profesionais que están demandando as empresas con iniciativas como os obradoiros de emprego, os programas integrados ou as Unidades Formativas nas Empresas.

Marnotes indicou a necesidade da capacitación nas novas tecnoloxías para cubrir os postos laborais que actualmente demanda o mercado de traballo. Segundo subliñou, Galicia ten que estar preparada para operar en contornos cada vez máis tecnolóxicos polo que, canto maior sexa a formación neste eido, maiores serán as oportunidades para atopar un emprego. “Temos que ser conscientes da necesidade de actualizar a formación para o emprego anticipando novas tendencias nos sectores estratéxicos”, subliñou.

Leer más:  Miranda lleva a los vecinos de Brión el respaldo del BNG para presentar una denuncia sobre el proyecto de una balsa en la Eurocámara

Para rematar, sinalou que adecuar os perfís profesionais ás necesidades reais das empresas impulsa o emprego estable e de calidade, o obxectivo principal do Goberno galego en materia laboral. Coa Axenda 20, a Administración autonómica está impulsando a mellora do mercado de traballo contribuíndo con esta planificación a reducir as cifras do desemprego en Galicia.  


- Te recomendamos -