Inicio Galicia Ovidio Rodeiro participa na apertura do curso do Colexio Maior Clube Universitario...

Ovidio Rodeiro participa na apertura do curso do Colexio Maior Clube Universitario ?La Estila?

0


Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2018.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro Tato, participou no acto académico de apertura do Colexio Maior Clube Universitario “La Estila”. Na súa intervención destacou “a importancia de poñer en valor a participación dos mozos e mozas en proxectos asociativos e puxo como exemplo as actividades complementarias que lidera o Colexio Maior “La Estila” que levan implantadas neste centro dende hai máis de 30 anos”.

O representante do goberno autonómico apuntou como “unha das claves de futuro para os nosos mozos e mozas impulsar a participación xuvenil activa e face-los auténticos protagonistas”. Neste senso, destacou que “programas como os de Iniciativa Xove ou Voluntariado Xuvenil da Xunta de Galicia, nos que se lle piden propostas aos máis novos para despois apoialas, teñen como obxectivo que a burocracia ceda o protagonismo á xuventude”. 

Leer más:  Sartorius pide "actuar de manera proactiva" frente a la operación de "hostigamiento" a "la democracia" y confía en que Sánchez "resista"

- Te recomendamos -