Inicio Galicia Galicia e outras comunidades avogan por reformar o sistema de demandas por...

Galicia e outras comunidades avogan por reformar o sistema de demandas por cláusulas chan para evitar colapsos

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou na Conferencia Sectorial de Xustiza presidida en Madrid pola ministra, Dolores Delgado


Madrid, 3 de outubro de 2018.- Galicia e outras comunidades autónomas apostaron hoxe durante a Conferencia Sectorial de Xustiza por reformar o sistema de demandas por cláusulas chan para evitar colapsos. No encontro, celebrado en Madrid e presidido pola ministra de Xustiza, Dolores Delgado participou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, xunto aos conselleiros das demais comunidades.

Polo de agora, en cada provincia hai un xulgado que se ocupa en exclusiva das reclamacións relacionadas coas cláusulas chan. Iso está levando a que algúns destes órganos xudiciais se atope cunha carga de traballo excesiva. A proposta defendida pola Xunta e outras comunidades pasa por un sistema parecido ao desenvolvido en Galicia cando se xudicializou o conflito das preferentes: que existan eses xulgados especializados pero que as demandas tamén se poidan presentar noutros órganos xudiciais.

Esta opción plantexarase nos próximos días nunha reunión que se celebrará entre o Ministerio de Xustiza, as comunidades autónomas e o Consello Xeral do Poder Xudicial, que foi o promotor do sistema actual. Ademais, hoxe tamén se puxo sobre a mesa o feito de que o 90% das demandas presentadas sobre esta materia están sendo resoltas a favor dos reclamantes, a pesares do cal os bancos seguen a instar a que se presenten, co conseguinte custo para a administración xudicial.

Leer más:  Del alcalde de A Estrada a conselleiros rehúyen las 'quinielas': "Hoy es el día del presidente Rueda"

Por outra parte, a Xunta lamentou que durante a Conferencia Sectorial non se abordara a creación de novos órganos xudiciais para o ano que vén, tendo en conta que en breve se aprobarán os orzamentos de cada comunidade autónoma. O compromiso da ministra foi presentar a súa proposta en breve- 


- Te recomendamos -