Inicio Galicia Estabilizado o incendio forestal no concello coruñés de Rianxo, parroquia do Araño

Estabilizado o incendio forestal no concello coruñés de Rianxo, parroquia do Araño

0

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume no concello coruñés de Rianxo, parroquia do Araño, quedou estabilizado ás 18,55 h. tras comezar esta tarde ás 15,10 horas.

Segundo as primeiras estimacións, o incendio afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. No lugar mobilizáronse 1 técnico, 4 axentes, 12 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 3 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre