Inicio Galicia Os Gardacostas requisan máis de media tonelada de peixe e marisco, preto...

Os Gardacostas requisan máis de media tonelada de peixe e marisco, preto de 280 útiles e un vehículo en distintos controis dos últimos días

0

Os axentes da Xunta tamén incautaron 1.200 metros de artes de enmalle

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 580 quilos de distintas especies peixe e marisco, preto de 280 útiles e un vehículo en distintos controis realizados nos últimos días no litoral de Galicia. Ademais tamén incautaron 1.200 metros de artes de enmalle. Na ría de Arousa os axentes requisaron máis de 261 quilos de peixe e marisco e 166 útiles. O operativo máis destacado desenvolveuse por terra en Vilagarcía de Arousa xunto coa Policía Autonómica. Alí os axentes requisaron máis de 100 quilos de vieira que estaba sen documentar e un vehículo.

Outro control por terra foi realizado na Autovía A-8 de Barreiros, en Lugo, xunto cos axentes da Garda Civil de Tráfico de Burela e o Seprona de Ribadeo. Nel os axentes requisaron 100 quilos de bígaro por carecer de documentación.

A ría de Vigo tamén foi escenario de distintas actuacións e nela os axentes comisaron máis de 120 quilos de peixe e marisco e requisaron 60 aparellos e 450 metros de artes de enmalle. Un dos controis máis relevantes foi realizado entre Bouzas e Cangas e saldouse co comiso de preto de sete quilos de centola, máis de cinco quilos de nécora e coa incautación de 36 nasas debido a que todo estaba sen identificar.

Leer más:  Ingresado en planta con evolución favorable el hombre apuñalado en el Orzán, en A Coruña

Ademais, na ría de Pontevedra, os axentes aprehedéronse de preto de 50 quilos de marisco, de 48 útiles e de 750 metros de artes de enmalle. Unha das actuacións máis destacadas foi en Bueu e Beluso e nela os axentes requisaron 31 quilos de centola, preto de cinco quilos de boi, tres quilos de nécora e un de ameixa babosa. Tamén incautaron oito salabardos e sete nasas debido a que todo estaba sen identificar. A maiores, na ría de Aldán os gardacostas tamén realizaron controis que se saldaron co comiso de máis de 33 quilos de ameixa e máis de 10 quilos de carneiro.

Por outra banda, na ría de Muros e Noia os axentes comisaron catro quilos de navalla, na da Coruña tres quilos de centola por estar sen identificar e na ría de Ferrol catro útiles de pesca.


- Te recomendamos -