Inicio Galicia O Sergas incrementou o seu persoal nunha media diaria de 70 profesionais...

O Sergas incrementou o seu persoal nunha media diaria de 70 profesionais nos servizos de urxencias dos hospitais durante a temporada de gripe

0

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou o importante papel que desenvolve a atención primaria, tanto nas consultas dos centros de saúde como nos puntos de atención continuada

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, respostou hoxe, no Pleno do Parlamento de Galicia, a unha interpelación dun dos grupos da Cámara referida á aténción prestada polos servizos de urxencias durante a temporada de maior incidencia da gripe. Ao respecto, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego destacou que o Sergas reforzou o persoal de urxencias hospitalarias nunha media diaria de 6 profesionais sanitarios facultativos, 52 sanitarios non facultativos e 12 non sanitarios, para atender os incrementos de demanda producidos pola onda de gripe, o que fan un total de 70 ao día.

Almuiña tamén citou os reforzos de persoal de hospitalización, que foron unha media diaria de 12 facultativos, 77 sanitarios non facultativos e 8 profesionais non sanitarios, o que fan un total de 97.

Segundo explicou o conselleiro, o Sergas elabora anualmente, coa participación dos profesionais, plans de continxencia para a época de gripe, co obxectivo de deseñar e implementar as medidas necesarias que permitan anticiparse a un aumento da demanda asistencial e garantan unha adecuada atención sanitaria á poboación nese período.

Leer más:  La pensión media en Galicia aumenta un 5,15% en abril, llegando a los 1.072 euros, aunque es 180 euros menor que la media nacional

O titular da carteira sanitaria sinalou que, no período que vai de xaneiro a abril, o número de pacientes atendidos nos servizos de urxencias dos hospitais do Sergas foi de 340.302, cun promedio diario de 2.836 urxencias atendidas. Tamén destacou que, dende que un paciente chega a urxencias dun centro do Sergas ata que se realiza a súa atención sanitaria, o tempo medio transcorrido foi dunha hora e 29 minutos, no período de xaneiro a abril.

Os datos obxectivan pois, -dixo o conselleiro-, que as esperas medias nos servizos de urxencias hospitalarias son máis que aceptables e o Sergas segue a traballar para que sexan cada vez menores, de maneira que se optimice a atención recibida pola cidadanía que acude aos servizos de urxencias dos hospitais.

O responsable do Sergas tamén destacou o importante papel que desenvolve a atención primaria, tanto nas consultas dos centros de saúde como nos puntos de atención continuada. Ao respecto, dixo que o tempo de estadía no PAC non é moi prolongado se comparamos un período non que non hai gripe cun no que hai gripe, sendo as diferenzas de ao redor de 12 minutos, e estando os dous por baixo dunha hora. (43 e 55 minutos de media, respectivamente).

Leer más:  Sartorius pide "pasar a la ofensiva" ante la operación de "acoso" a "la democracia" y solicita que Sánchez "aguante"

Melloras das instalaciónsAlmuiña detallou, na súa intervención, as importantes reformas estruturais levadas a cabo polo Sergas nos servizos de urxencias. Así, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña construiuse un novo servizo de urxencias no 2014 que multiplicou por seis a superficie e que supuxo un investimento de 7 millóns de euros. No Hospital do Salnés, en Vilagarcía, inaugurouse tamén un novo servizo de urxencias que multiplicou por tres a súa superficie. Nos proxectos de Gran Montecelo, ampliación do Arquitecto Marcide de Ferrol, ampliación do Hospital de Santiago e do Hospital de Ribeira, todos contemplan melloras nos servizos de urxencias.

Tamén destacou que, no período 2009-2017, a Xunta de Galicia construíu un total de 34 centros de saúde, dos que catro son Puntos de Atención Continuada. Ademais reformáronse outros nove centros de saúde, dos que dous son PAC. Actualmente, hai en construción dous centros de saúde e en licitación do proxecto ou da obra doce máis, así como dúas ampliacións.

Leer más:  El 97% de los estudiantes que comienzan el colegio consiguieron una plaza en el centro educativo que habían elegido como su primera opción

TELEA, HADO, 061Xunto con todo o anteriormente sinalado, o conselleiro citou outras iniciativas que permiten que os pacientes non teñan que achegarse aos hospitais para seren atendidos. Entre elas destacou o Programa Telea, de seguimento de pacientes crónicos. Para este ano, Telea implantarase no 50% dos servizos de atención primaria co obxectivo de que, no ano 2020, xa esté presente no 100% dos centros de saúde galegos.

Tamén destacou Almuiña a potenciación da hospitalización a domicilio, que na actualidade ten unha cobertura do 75% da poboación. Galicia dispón, a día de hoxe, dunha unidade de hospitalización a domicilio en cada un dos 14 hospitais da rede. A última unidade incorporada foi a de Monforte no mes de xuño. Non se esqueceu de mencionar o titular da carteira sanitaria o importante labor desenvolvido polo 061, que, no ano 2017, atendeu unha media diaria de 2.846 chamadas.


- Te recomendamos -