Inicio Galicia A Xunta celebra unha xornada de portas abertas no centro de día...

A Xunta celebra unha xornada de portas abertas no centro de día do Val Miñor para dar a coñecer entre os maiores da comarca este recurso

0

Na actualidade o centro conta con 24 usuarios de Baiona, Nigrán e Gondomar

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López Chaves, participou esta mañá na xornada de portas abertas organizada no centro de día do Val Miñor co obxectivo de dar a coñecer á comunidade este servizo que facilita a vida activa dos maiores e a conciliación dos seus familiares, así como o seu funcionamento.

Na actualidade acoden diariamente a esas instalacións, situadas na localidade de Sabarís, no concello baionés, un total de 24 usuarios dese municipio, pero tamén procedentes de outros concellos da comarca do Val Miñor: Nigrán e Gondomar. Non obstante, ese centro de día pertencente á rede de atención aos maiores da administración autonómica ten unha capacidade máxima de 40 prazas.

As actividades da xornada inclúen unha charla sobre o rol dos maiores na sociedade actual, a proxección de vídeos do concurso “Nunca é tarde”, unha mesa redonda en torno ao empoderamento das persoas maiores, un xogo tipo “Pasapalabra”, no que participaron usuarios do centro de día e alumnos do IES Primeiro de Marzo e a mostra dunha exposición itinerante sobre mitos e estereotipos na terceira idade.

Leer más:  La pensión media en Galicia aumenta un 5,15% en abril, llegando a los 1.072 euros, aunque es 180 euros menor que la media nacional

Ao mesmo tempo, o xerente do Consorcio aproveitou esta xornada de portas abertas para estudar xunto co rexedor de Baiona, Angel Rodal, posibles melloras no centro de día do Val Miñor, que se executarían grazas ao modelo de co-financiamento acordado polo Goberno galego e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para os centros xestionados polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.


- Te recomendamos -