Inicio Galicia O Observatorio Galego de Dinamización Demográfica aproba por unanimidade as liñas estratéxicas...

O Observatorio Galego de Dinamización Demográfica aproba por unanimidade as liñas estratéxicas para responder á tendencia poboacional

0

Estas bases orientarán a primeira Lei de impulso demográfico de Galicia, que se aprobará nos primeiros meses de 2019


O pleno do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica aprobou hoxe por unanimidade as liñas estratéxicas que recomenda para reverter a tendencia poboacional e que orientarán a futura Lei de impulso demográfico que se aprobará nos primeiros meses de 2019. A conselleira de Política Social, Fabiola García, presidiu a sesión deste órgano de carácter consultivo no que están representadas as administracións, os grupos parlamentarios, as universidades, os sindicatos, o empresariado, entidades sociais, profesionais e expertos nesta materia.

Entre os eixes de actuación fixados polo Observatorio están a corresponsabilidade nos coidados da infancia e de maiores dependentes, a mellora do tránsito da educación e á formación ao mundo laboral e seguir apostando pola investigación, o desenvolvemento e a innovación.

Tamén propón actuar no fomento dunha madurez activa e na posta en valor do papel que teñen que xogar as persoas maiores na sociedade, que se teñan en conta cuestións como a dispersión territorial e o envellecemento de Galicia no reparto do financiamento autonómico e continuar co impulso de políticas activas de conciliación.

Leer más:  El PPdeG solicita a Ana Pontón que tenga "menos interés en destacar" y "más dedicación a trabajar con resultados" respecto a la AP-9

Durante a súa intervención, Fabiola García defendeu a necesidade dunha “resposta única, dialogada e de país” ante o reto demográfico. Ademais, manifestou que a propia existencia deste organismo é sinal de que toda Galicia se toma en serio a tendencia poboacional.

Neste sentido, a conselleira avogou por unha política demográfica de consenso e que integre a todos os colectivos, profesionais e expertos relacionados con esta materia. E agradeceu a tarefa das persoas que forman parte dos grupos de traballo do Observatorio —apoio ás familias, emigración e inmigración, envellecemento, medio rural e xuventude—, que están coordinados pola profesora universitaria María Xosé Rodríguez Galdo.


- Te recomendamos -